portada30

Teatro Foro no IES de Sar

Da man do educador social Ramón Molina, responsable do Programa Teatro Foro da Concellería de Mocidade do Concello de Santiago, hoxe o alumnado de 3°ESO A fixo a estrea, para todo o alumnado de 1° da ESO, da peza teatral na que levan traballando meses.
Nela reflexionan sobre as relacións de parella na adolescencia, sobre a falta de comunicación do adolescente coa familia, sobre a frustración na xestión dos conflictos persoais que leva ao consumo de drogas.
Usar a palabra para saír dos lugares sombrizos desta idade difícil, pero como todas as etapas da vida.
Un foro no que recoñecerse e debater para conseguir o benestar emocional.
Mil grazas, Ramón, polo teu compromiso e dedicación un ano máis con este proxecto. O noso alumnado queda encantado e o noso profesorado moi agradecido.

Hoxe chegaron a Compostela o alumnado e as profesoras do Istituto Orsoline S. Carlo Liceo Linguistico Europeo de Como

Hoxe chegaron a Compostela o alumnado e as profesoras do Istituto Orsoline S. Carlo Liceo Linguistico Europeo de Como, co que neste curso o noso instituto comparte o programa de intercambio EduExchanges.
Esperamos que a súa estancia entre nós estea chea de momentos felices e que non a esquezan facilmente.
 
 

Hoxe visitounos o noso exalumno Dani Novio Giménez para compartir un curso de iniciación á animación entre o alumnado de 2° de Bacharelato

Hoxe visitounos o noso exalumno Dani Novio Giménez para compartir un curso de iniciación á animación entre o alumnado de 2° de Bacharelato, empregando o programa Krita.
Grazas por volver, e xa sabes que esta sempre será a túa casa.
As fotos son de Montse Amigo, que coordinou a iniciativa.
 
 

Rigor e acabados espectaculares nos traballos que decoran estes días a cafetería do noso instituto

Rigor e acabados espectaculares nos traballos que decoran estes días a cafetería do noso instituto. Son reinterpretacións de carteis coñecidísimos elaboradas con técnicas diferentes ás que se empregaron no seu día para crealos.
Traballos do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes coordinados polos seus profesores Manuel de la Rosa e Óscar Villanueva.
Paga moito a pena velos en directo. As fotografías non dan conta da calidade que hai investida neles.
 

Grupo de Igualdade do IES de Sar

O Grupo de Igualdade do IES de Sar estivo traballando estes días para reivindicar neste 8M unha convivencia en igualdade e sen violencias machistas.

 

Haikus sobre Mitos do amor romántico

Haikus sobre Mitos do amor romántico elaborados polo alumnado de 3 ESO nas materias de Lingua Castelá e Educación Plástica.

 

 

O pasado venres, o alumnado que cursa Expresión Artística en 4° da ESO participou no obradoiro “Fotografía e identidade: o autorretrato”

O pasado venres, o alumnado que cursa Expresión Artística en 4° da ESO participou no obradoiro “Fotografía e identidade: o autorretrato”, no que ademais de aprender algúns segredos da fotografía, reflexionaron sobre as maneiras de mirarse.
Moitas grazas, Sonia Dopazo, por organizar a visita e polas fotografías.
 

Diego Tarrío cursou o Bacharelato de Ciencias e agora anda pola fermosa cidade de Uppsala

Non só se formaron artistas destacados no IES de Sar. Diego Tarrío cursou o Bacharelato de Ciencias e agora anda pola fermosa cidade de Uppsala, ensinando na súa universidade Física Nuclear Aplicada.

 

Compartimos esta reseña xornalística doutra exalumna do IES de Sar

Como o mundo é un pano e as RR.SS. nos achegan dun xeito ás veces impredecible, compartimos esta reseña xornalística doutra exalumna do IES de Sar, compañeira de Amara Caruncho, primeiro no noso instituto e despois na UDIT (Universidad de Diseño y Tecnología) de Madrid.
Soubemos das dúas estes días e celebrámolo dando conta do seu talento creativo, investido neste caso en iniciativas emprendedoras de gran mérito.
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer