Skip to Content

Dinamización lingüística

Saída cultural EDLG

 

O 18 de maio o EDLG fará a súa saída anual. Este ano farase un Roteiro Rosaliano e, xa que estamos en Santiago, aproveitamos e visitaremos a catedral.

PERCORRIDO

  • Casa da Matanza (Padrón)
  • Cemiterio de Adina (Iria Flavia)
  • Panteón dos Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval)
  • Museo do Pobo Galego (San Domingos de  Bonaval)
  • Algúns lugares significativos da vida de Rosalía en Santiago
  • Catedral (cubertas e Pórtico da Gloria)

HORARIO

Sairemos á 8:30 e volveremos sobre as 20:00. (Uso obrigatorio de máscara no autobús).

PREZO

3 euros (para o alumnado socio da ANPA é 1,5). O Centro e o EDLG fiancia o resto da saída

INTERESADOS

O alumnado interesado deberá pasar polo Dep. de LG para ensinar os seus puntos os días  2, 3 ou 4  de maio, en calquera dos recreos.

A listaxe do alumnado participante  sairá o 5 de maio (farase pública nesta entrada e no taboleiro do EDLG).

A partir dese día, as persoas  da listaxe poden retirar a súa autorización na conserxaría do centro. O prazo para entregala asinada é ata o martes  (9 de maio, 12:30). A partir dese momento, as prazas aínda libres afertaranse ás persoas que estean na listaxe de agarda.

Atención aos prazos

 

Concurso de marcapáxinas Florencio Delgado Gurriarán LG22

 

O EDLG  para homenaxear e festexar o día das Letras Galegas 2022, dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán convova un concurso de marcapáxinas no que pode participar todo o alumnado do IES David Buján.

O marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor e un texto (poema, fragmento, frase curta,..) pertencente a algunha das súas obras. Débese indicar o texto ao cal pertence o fragmento.

BASES

1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 16 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

2. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.

3. Cada marcador deberá ter dúas caras, medidas de 18×5 cm, formato PNG.

4. Os traballos enviaranse ao enderezo edlg@iesdavidbujan.gal xunto cos datos persoais da persoa participante

5. O EDLG realizará unha exposición con todos os marcadores presentados a concurso.

6. Haberá gorentosos premios do bar de Aurora e puntos do EDLG

7. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

 FALLO DO XURADO NO ADXUNTO

Letras Galegas 2022

No ano 2022 a cultura galega celebrará a vida e obra do poeta de Córgomo como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. 

Aquí tes un xogo co que poderás gañar puntos sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Contabilízanse os puntos conseguidos ata o día 1 de maio ( 20:00 h.). 

Cada persoa só pode figurar unha vez na taboa clasificatoria. Emprega sempre o mesmo nome (nome, apelido e curso) e a aplicación veite colocando na mellor posición que che corresponda. 

PARTICIPA E GAÑA PUNTOS E GORENTOSOS PREMIOS DO BAR DA AURORA

  

Cuestionario de usos lingüísticos. Curso 2021-2022

 

Para unha adecuada planificación lingüística é preciso coñecer os usos, as competencias e as actitudes sobre a lingua galega da comunidade educativa. 

O cuestionario é  totalmente anónimo. Pero só se permite   o acceso aos usuarios que pertenzan ao IES David Buján. Polo tanto os enquisados deberán iniciar sesión coa súa conta do centro. 

Preme no enlace correspondente, completa  as preguntas do cuestionario e dálle a ENVIAR. Grazas pola túa colaboración.

ALUMNADO

PROFESORADO

 

Sabedoría popular: refráns

 

E así, coma quen non quere a cousa, chegou abril e xa está a rematar. Parece que, segundo nos indican os refráns, adoita ser un mes de choiva, o das augas mil, pero iso nunca se sabe…

 A sabedoría popular fálanos de abril, dos campos, do tempo… No seguinte xogo recollemos unha mostra deses ditos aplicados a este mes.

Xoga e gaña puntos, cos que podes ir á marabillosa excursión do EDLG, e peperetes do bar de Aurora. Proximamente damos máis detalles sobre a Excursión a Santiago. 

Unha axuda: o refrán rima sempre (dun xeito ou doutro). 

 

Despois de xogares,coloca o teu nome e curso (para poder darche os puntos e os agasallos) na clasificación. Pódese abreviar. Cada persoa só poderá estar na clasificación dúas veces.

O concurso remata (aínda que o xogo continúa) o 1 de maio

XOGA E GAÑA PUNTOS

25 de abril, Día da Liberdade

 

En Portugal o 25 de abril conmemórase o Día da Liberdade. A data celebra a revolta dos militares portugueses que o 25 de abril de 1974  deron un golpe de estado militar para acabar coa ditadura imposta por Salzar que durou 41 anos.  Vitoriosos os revolucionarios conseguiron instaurar en Portugal un réxime democrático  e unha nova constitución.

O símbolo do  25 de abril é o caravel, porque nese día uha muller regaloulles caraveis  aos soldados como mostra de  agradecemento. En sinal de gratitude, os soldados colocaron as flores  nos canos das súas armas. 

Desta forma, o  25 de abril en Portugal  é coñecido como o Dia da Liberdade  e o día da Revolução dos Cravos.

 

Deixamos unha versión  de Pablo Alborán e Cecilia Krull para  La Casa de papel da icónica canción de José Afonso (Grândola, vila morena), un dos máis importantes símbolos da data e un himno antifascista a nivel internacional.

 

LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. (Consello da Cultura Galega)

O  obxectivo desta data é  de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado. 

O seguinte vídeo, elaborado no centro co material do Seminario Galán, fai un percorrido pola vida e obra do autor valdeorrés. 

Tamén deixamos un adxunto cunha escolma das súa obra poética

 

Musigal 2022

"Terra" de Tanxugueiras vencedora no Musigal do IES David Buján

 

O IES David Buján acaba de celebrar un ano máis o certame Musigal, unha actividade que  ten como obxectivo principal difundir a música galega entre o estudantado. 

O certame está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento da Lingua Galega que durante o curso traballande forma didáctica  os textos e as música,  para despois escoller, mediante votación en liña, as cancións finalistas e  vencedoras das publicadas en galego no ano 2021.

Este ano chegaron á final 11 cancións   e resultou gañadora "Terra" de Tanxugueiras co 39,6% dos votosQuedaron como segunda e terceira canción "OG" de Dios Ke Te Crew feat Boyanka Kostova  (24,6%) e "Midas" de Tanxugueiras (12,3%), respectivamente.

 

Parabéns

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut