Skip to Content

Igualdade

Obradoiro "amores que molan"

Esta mañá do 2 de febreiro o alumnado de Psicoloxía de 2º de bacharelato, en compañía dos grupos de Afondamento en Historia da Filosofía e Afondamento en Lingua Galega e Literatura participaron nun obradoiro organizado no marco do Contrato Programa Iguála-T.

O obradoiro foi impartido pola Cooperativa Aventeira e nel tivemos ocasión de debater sobre os modelos de relación que temos e os que soñamos, desmontando os mitos do amor romántico, reflexionando criticamente sobre a orixe e consecuencia dos celos na parella, e aprendendo ferramentas de comunicación non violenta que nos axuden a vincularnos de forma máis respectuosa, igualitaria e sa.

 

obradoiro amores que molan

Actividades da asemblea Re[creando] polo 25N

Este ano foron moitas as iniciativas que se levaron a cabo no centro para conmemorar o 25N. Dende a asemblea Re[creando], que foi posta en marcha no centro vai un mes, quixemos que fosen os propios estudantes os que ideasen as accións da súa comunidade educativa. 

Por unha banda, creouse un documento colaborativo onde redactaron un manifesto que foi lido para todo o centro no segundo recreo do venres. Tras facer soar a serea de lume do centro e obrigar así a todo o mundo a saír ó patio, leron o seu escrito para concienciar de que coa violencia de xénero temos que actuar ante as primeiras sinais de alarma.

De maneira complementaria, as alumnas de Psicoloxía de 2º de Bacharelato deseñaron unha campaña de concienciación sobre os bos coidados nas relacións. Aproveitando unha moda das redes sociais, a das "redflags" e as "greenflags", pero facendo o seu propio exercicio de reflexión, elaboraron unha serie de propostas sobre as actitudes que son ou non desexábeis nas relacións de parella, e colgáronas por todo o centro. E para abrir máis a participación, tamén dirixiron un obradoiro no que calquera estudante ou profesor podía achegarse a aportar a súa mensaxe. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut