O xoves 29 de febreiro tivo lugar a gran final do concurso sobre mulleres científicas. A proba desenvolveuse adaptando o famoso concurso “Quen quere ser millonario?”, de maneira que o alumnado finalista tivo demostrar os seus coñecementos superando unha serie de preguntas sobre mulleres científicas e as súas achegas. Houbo unha grande afluencia de público e os grupos asistentes animaron e apoiaron aos seus representantes con moito entusiasmo.
Noraboa a todas/os participantes do concurso, especialmente ás finalistas Alba Camba, de 1º ESO A e Patricia Real de 1º ESO B e aos gañadores Hugo Boo e Jairo Cadaveira de 3º ESO C. Esperamos que gocen dos premios conseguidos!