SEMANA DA CIENCIA NO IES DAVID BUJÁN
SEMANA DA CIENCIA NO IES DAVID BUJÁN
Entre os días 15 e 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º ESO do noso Club de Ciencia explicará aos seus compañeiros/as e profesorado os experimentos nos que estiveron traballando estes días, para achegar a ciencia a toda a comunidade educativa dunha maneira amena e divertida.
O alumnado de 2º de ESO “iluminará” ao público con cuestións relacionadas coa luz e as cores. Veremos fenómenos relacionados coa refracción, a reflexión e a difracción da luz e entenderemos a diferenza entre as cores primarias aditivas (RGB) e substractivas (CMY) e como as percibe o noso ollo.
Pola súa parte o alumnado de 1º de ESO realizará experiencias relacionadas coa presión atmosférica, a tensión superficial da auga e a capilaridade.
Os departamentos de ciencias e a biblioteca contribuíron a crear “ambiente” coa exposición de libros, carteis, instrumentos e outras curiosidades científicas. Esperamos que despois desta semana aumente o interese pola ciencia como unha maneira de entender e interpretar os fenómenos naturais e para formar a futuros/as investigadores/as.