Nerea, María e Jean de 4º de ESO representan o IES David Buján cun proxecto cuxo obxectivo é comparar o contido en proteínas no leite e en bebidas de orixe vexetal. O traballo foi levado a cabo durante este curso polo Club de Ciencia do centro e foi desenvolvido grazas ao material e a información proporcionada polo grupo de divulgación e de innovación XuvenCiencia da USC.
A feira Diverciencia ten como obxectivo dinamizar a ensinanza e a divulgación da ciencia a través dos proxectos presentados por alumnado de diferentes niveis educativos. Durante estes días, ademais, haberá charlas, exposicións e obradoiros para os participantes. Este ano a feira acolle máis de 3.400 estudantes xunto a 209 profesores acompañantes de 81 centros participantes. Moita sorte, Nerea, María e Jean na defensa do voso proxecto!
O alumnado de 4º e bacharelato que estea interesado en aprender a realizar proxectos de investigación e ademais pasalo moi ben este verán, poden participar no campus de verán de XuvenCiencia que se desenvolverá en Lugo do 2 ao 8 de xullo.
Ligazón: https://xuvenciencia.org/campus/gl/