Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

Xornada inesquecible no IES David Buján

O pasado xoves, 26 de maio, tivemos unha xornada chea de emocións. Pola mañá, Ángel Carracedo –catedrático de Medicina Legal da USC- deleitounos coa súa sabedoría e humanidade e ,polo serán,  despedimos a unha promoción moi especial no instituto, a promoción que leva a distinción do noso, do seu 25 aniversario.

 

Ángel Carracedo no IES David Buján

O vindeiro xoves, 26 de maio, ás 12 da mañá,grazas a xestión da nosa alumna Ana Rascado. imos ter a honra de recibir no noso centro a D.Ángel Carracedo Álvarez, Catedrático e director do Instituto de Medicina Legal de Santiago de Compostela e da Fundación Galega de Medicina Xenómica, así como vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal.

18/03/2016: Visita a Inditex

Un grupo de alumnos/as de 1º bacharelato que cursan a materia de Economía realizaron unha visita guiada ás instalacións da sede central de Inditex en Arteixo.

Inditex 2016

Entroido 2016 no IES David Buján

Aquí tedes as fotos do Entroido. Proximamente subiremos o vídeo da festa. Parabéns ao alumnado e ao profesorado pola súa imaxinativa participación. Ata o ano que ven.

Entroido 2016

Orgullosos do noso alumnado

Parabéns a toda a Comunidade educativa do IES David Buján que fixo posible esta actividade solidaria, Pedalando pola paz. Aquí tedes a foto destes rapaces e rapazas que poden sentirse orgullosos pola súa implicación nesta actividade. Os cartos recadados e que aparecen recollidos nese cheque simbólico, van ser ingresados na conta facilitada por ACNUR. Déixovos aquí o enlace á carta de agradecemento enviada por esta ONG.

Pedalando pola Paz

Dentro das iniciativas solidarias que traballamos no IES David Buján, hoxe presentamos a nosa “pedalada solidaria”. Unha iniciativa que pretende concienciar ao alumnado do problema dos refuxiados en zonas de guerra, así como fomentar o sentir solidario e o traballo cooperativo na Comunidade educativa. No seguinte enlace tedes a información sobre esta actividade que remata o vindeiro 29 de xaneiro.

 

t

25 anos

logo_25_web

Este curso 2015-2016, o IES David Buján cumpre 25 anos. A nosa celebración comeza coa presentación dun logo conmemorativo deseñado pola nosa compañeira de debuxo, Silvia Fernández. O lema que o acompaña -25 anos abrindo camiños- é o resultado do traballo cooperativo do alumnado e do profesorado.


Ao longo deste ano afondaremos no significado dese lema, mostrando ao noso alumnado novas vías de coñecemento, espertando ilusións e, sobre todo, traballando todos xuntos o valor da cooperación e da solidariedade.

O pasado 26 de novembro, o IES David Buján festexou o inicio do seu 25 aniversario. Aquí tedes un recordo fotográfico desta entrañable festa. Tamén podedes visualizar as páxinas dun libro -recordo no que atoparedes as vivencias e os proxectos de moitas persoas ligadas a este centro ao longo destes 25 anos-.

Acto inaugural 25º aniversario

 

Aquí tedes a ligazón ás distintas actividades e celebracións que temos previstas, arredor desta conmemoración. Para calquera suxestión que queirades facer, podedes utilizar o seguinte enderezo: 25anosabrindocaminhos@gmail.com

25 anos do IES David Buján

Este ano conmemoramos os 25 anos do IES David Buján. Con motivo desta celebración:logo 25

  • O profesorado e o alumnado traballaron na elección dun lema que recolle o que foi este percorrido e o que pretendemos cara o futuro: 25 anos abrindo camiños. Este lema vai incorporado no logo conmemorativo deseñado por Silvia Fernández, a nosa compañeira de Educación Plástica. O logo e o lema anexo estarán presentes en distintos lugares do instituto e acompañarán todos os eventos relacionados co 25 aniversario.
  • O día 26 de novembro faremos un acto inicial no que estará representado o pasado e o presente do IES David Buján, así como representantes municipais e membros da inspección educativa. Ao longo deste acto poderemos escoitar as palabras da actual directora do centro, María Mosquera Castro, así como as intervencións de antigos directores, ex alumnos e representantes municipais; así como actuacións musicais do alumnado. Ao final, teremos un pequeno ágape. Este mesmo día, inauguraremos unha exposición sobre obxectos de hai 25 anos, aportados por toda a comunidade educativa. Grazas á colaboración do profesorado, faremos pública unha orla na que figurará todo o alumnado que conviviu  no centro durante estes 25 anos.
  • En datas sen determinar, faremos un encontro entre o alumnado do centro e exalumnos que acadaron algunha relevancia social.
  • Cara ao final de curso, temos pensado facer unha gran festa na que invitaremos a participar a todas as persoas que estiveron ligadas a este centro ao longo destes anos.
  • É moi importante sinalar que este 25 aniversario non pretende ser unicamente unha celebración, senón que o IES David Buján vai procurar –coa implicación de toda a comunidade educativa- ser un modelo de acción solidaria. Así, aos proxectos que xa temos en marcha (Plan Proxecta: Rede de centros solidarios; Mulleres colleiteiras ou colaboración cunha ONG) ao longo do ano queremos sumar:
  • Plan proxecta: Correspondente xuvenís 3.0.
  • Carreira solidaria.
  • Teatro solidario.
  • Actividade de recollida de móbiles dentro do proxecto: Salvemos  a selva.
  • Colaboración  coa Concellería de Asuntos Sociais de Cambre e coa oficina do Voluntariado.
  • Queremos destacar a implicación da corporación municipal de Cambre neste evento, ofrecendo a súa colaboración nas distintas necesidades que puideramos ter.

Visita a GADISA e Teatro no Fórum

29/10/2015 09:00
29/10/2015 15:00
Atlantic/Bermuda

O departamento de Economía organiza unha visita a GADISA para o alumnado de 2ºde Bach. de Economía. O horario da visita é de 10:00 a 13:00.

O departamento de Lingua Castelá organiza unha saída ao teatro, As fillas bravas, para o alumnado de 4º ESO. O horario é de 10:30-13:20

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut