Skip to Content

Criterios promoción, ESO, BACH, ESA, Oferta educativa

Criterios de Promoción en Bacharelato

 


Bacharelato

 

Promoción

1. As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para estes efectos, só se computarán as materias en que estea matriculada a alumna ou o alumno.

2. O alumnado que acade a promoción ao segundo curso con materias pendentes deberá matricularse delas e cursalas ao longo do curso.

3. As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade. Neste caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente.

4. O alumnado que ao termo do segundo curso tivese avaliación negativa nunha ou máis materias poderá:

 a) Matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas. Neste caso poderá solicitarlle á dirección do centro educativo a asistencia ás clases das materias xa superadas de segundo curso, quedando unicamente exento da súa avaliación e debendo cumprir coas mesmas obrigas que o resto do alumnado do grupo.

 b) Repetir o curso completo. Neste caso non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente.

5. A superación das materias de continuidade (II) de segundo curso estará condicionada á superación das correspondentes materias (I) de primeiro curso. Non obstante, dentro dunha mesma modalidade ou vía, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno cumpre as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo, nos termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación. En caso contrario, deberá cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as condicións en que acadou a promoción a segundo.

 

Titulación

1. O título de bacharel acredita o logro dos obxectivos establecidos para a etapa e a adquisición das competencias clave correspondentes.

2. Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato.

3. Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel cando supere todas as materias agás unha, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade ou vía pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Para os efectos deste cálculo, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

 

 

Criterios de promoción na E. S. A.

 


Educación Secundaria Obrigatoria de Adultos

 

Promoción


Titulación


 

 

Criterios de promoción e titulación na E.S.O.

 


Educación Secundaria Obrigatoria

 

Promoción

1. O equipo docente decidirá sobre a promoción de cada alumna ou alumno na avaliación final de cada un dos cursos da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación.
No caso dos programas de diversificación curricular, a decisión sobre a permanencia neles un ano máis adoptarase exclusivamente á finalización do segundo ano do programa.
2. Acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que supere as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Para os efectos deste cómputo, as materias agrupadas nun ámbito non superado contaranse de xeito independente.
3. Ademais, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición.
c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.
d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.
e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica.
4. O alumnado que acade a promoción de curso con materias ou ámbitos sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias ou ámbitos, destinado á súa recuperación e á súa superación (apartado h).
5. O establecido no punto anterior será de aplicación para o alumnado que se incorpore a un programa de diversificación curricular, naquelas materias de cursos anteriores que non superaran e que non estean integradas nalgún dos ámbitos do programa. As materias de cursos anteriores integradas nalgún dos ámbitos consideraranse superadas se se supera o ámbito correspondente.
6. O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase logo de esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno. En todo caso, a permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado con cantas medidas se consideren adecuadas para este alumnado (apartado i). Nos programas de diversificación curricular, as decisións sobre a permanencia neles un ano máis adoptaranse exclusivamente á finalización do segundo ano do programa.
7. En todo caso, a alumna ou o alumno poderá permanecer no mesmo curso unha soa vez, e dúas veces como máximo ao longo do ensino obrigatorio. De xeito excepcional, poderase permanecer un ano máis no cuarto curso, aínda que se esgotase o máximo de permanencia, sempre que o equipo docente considere que esta medida favorece a adquisición das competencias clave establecidas para a etapa. Neste caso poderase prolongar un ano o límite de idade a que se refire o artigo 5.1 do Decreto 156/2022.
8. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, a escolarización do alumnado de necesidades educativas especiais na etapa de educación secundaria obrigatoria en centros ordinarios poderá prolongarse un ano máis, sempre que iso favoreza a adquisición das competencias clave establecidas e a consecución dos obxectivos xerais da etapa.

 

Titulación


1. Ao finalizar o cuarto curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa titulación. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias clave establecidas no perfil de saída e á consecución dos obxectivos da etapa, sen prexuízo do establecido no artigo 24.1 do Decreto 156/2022, do 15 de xuño, e tendo en conta os criterios de titulación.
2. O alumnado que supere todas as materias ou os ámbitos cursados obterá o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria . Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:
a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.
b) Que, a xuízo do equipo docente, a alumna ou o alumno adquirira as competencias clave establecidas no perfil de saída.
c) Que, a xuízo do equipo docente, a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa. Para estes efectos, nos criterios de titulación establecidos polos centros docentes non se poderán fixar número nin tipoloxía de materias non superadas.

Oferta Educativa

Oferta educativa

 

O Instituto de Educación Secundaria David Buján, situado no concello de Cambre (A Coruña), é un centro público que forma parte da rede escolar da consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O instituto dá servizos educativos ao alumnado do concello de Cambre e, excepcionalmente, núcleos de poboación doutros concellos limítrofes (Carral, Culleredo, Oleiros, Abegondo).

O noso centro ofrece ensinanzas de:

    • ESO (Educación Secundaria Obrigatoria): 1º, 2º, 3º, 4º

    • Bacharelato: 1º, 2º

Conta con medios e instalacións adecuadas para un ensino de calidade.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut