XERUNDIO E XERUNDIVO LATINOS
I) O XERUNDIO
É un substantivo verbal neutro que declina coma un subst. neutro da 2ª decl. tipo templum, templi MAIS NUNCA SE USA EN FUNCIÓN DE SUX.
Fórmase co tema de presente + -nd- terms. propias de cada caso:
I.a) XERUNDIO en ACUSATIVO: -ndum (amandum, movendum, regendum, audiendum, capiendum)
Emprégase sempre precedido da prep. AD (con moita menor frecuencia ob, in) e ten sempre valor final => ad + -ndum = para + INF.
Exs. Puer in scholam ad discendum missus est =
o neno foi enviado á escola para aprender.
Ad deliberandum convenerunt =
Acudiron para deliberar
I.b) XERUNDIO en XENITIVO: -ndi (amandi, monendi, regendi, audiendi, capiendi)
Tradución: -ndi = de + INF
Exs. ars amandi = arte de amar // tempus legendi = tempo de ler //
Decernendi facultatem nobis eripuerunt = Quitáronnos a posibilidade de decidir
I.c) XERUNDIO en DATIVO: -ndo Adoita depender de substs. e adxects. e ten tamén valor final
(tradución: para + INF)
Exs. Impar laborando = incapaz para traballar
I.d) XERUNDIO en ABLATIVO: -ndo (coa mesma forma que o Dat. pero con diferentes usos).
Tradución. -ndo = Xerundio // Ao + INF
Tradución prep. in + -ndo = ao + INF.
Exs. Disco legendo = Aprendo lendo // ao ler
Disco legendo libros = Aprendo lendo libros
In oppugando grave vulnus accepi = Recibín unha ferida grave ao loitar
II) O XERUNDIVO
É un adxectivo verbal (pasivo) que se declina como un adxec. de 3 formas en Nom. sg. tipo bonus, a, um.
(Observa!! É a mesma forma verbal NON persoal que coñecemos como Part. Fut. Pas. ou Adxec. vbal. en -ndus mais con usos diferentes; p. ex. non se usa en Nom.)
Como todo ADXECTIVO debe concertar en xnro., nro. e caso co substantivo ao que vai referido e que "por convención" chamamos o seu "CD".
Fórmase tamén co tema de Pres. + -ndus,a,um declinado segundo o xnro, nro e caso do subst. O VALOR E A TRADUCIÓN DE XERUNDIO E XERUNDIVO SON CASE SINÓNIMOS TOTALES.
A diferenza é: o xerundivo ten sempre que concordar cun subst. en xnro, nro e caso e o xerundio NON.
II.a) XERUNDIVO en ACUSATIVO (trad. = para + INF + "CD")
Ex. Caesar ad cohortandos milites decucurrit = César baixou correndo para animar aos soldados.
II.b) XERUNDIVO en XENITIVO (= de + INF + "CD")
Ex. Cupidus tui videndi = desexoso de verte
II.c) XERUNDIVO en DATIVO (= para + INF + "CD"). Con subst. e adxcts.
Exs. Locus oppido condendo = lugar para fundar unha cidade
Medicina apta mitigandis doloribus = medicina apropiada para calmar as dores
II.d) XERUNDIVO en ABLATIVO (= xerundio + "CD" // ao + INF + "CD")
Exs. Galli in consiliis capiendis mobiles sunt = Os galos son inconstantes tomando
decisións // ao tomar decisións.
**Como podes observar, a diferenza entre xerundio e xerundivo está en que o XERUNDIO VAI con verbos intransitivos, ou que levan un Ac. CD ou simplemente non o levan. Porén o XERUNDIVO leva SEMPRE concertado con el o seu "CD" .
Observa estes exemplos de diferenciación:
I.a) Observa o exemplo dos apuntes
I.b) Cupidus videndi urbem
II.b) Idem I.a)
II.b) Cupidus videndae urbis
I.d) Disces in legendo Historiam
II.d) Disces in Historia legenda
*Nota: O Xerundio ou a construción de Xerundivo seguidos das "postposicións" (chamadas mellor "anástrofes") causa ou gratia SEMPRE TEÑEN VALOR FINAL (= para + INF)
Ex. Metellus exercitum in provinciam hiemandi gratia duxit. = Metelo conducíu o exército á provincia para hibernar (= pasar o inverno)