Skip to Content

Tecnoloxía

Curso 2023-2024

Profesorado:

Visita a Sotavento

Grupo de alumnado diante da porta do edificio de Sotavento

O pasado mércores 8 de maio, o alumnado de 2º de ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, na localidade de Xermade.

Charla sobre RFID

O 26 de xaneiro de 2024 recibimos a visita de María Martínez Pérez, profesora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na UDC. Dentro do programa de charlas de divulgación científica da UDC, coa conferencia RFID para todo e para tod@s, a realtora explicou ao alumnado de 1º bacharelato das materias Tecnoloxía e Enxeñaría I, TIC I e Tecnoloxías Intelixentes as diferentes funcionalidades (procesos, vantaxes e inconvenientes) que se poden levar a cabo coa tecnología RFID (Identificación por Radiofrecuencia) en distintos sectores (educación, sanidade, seguridade, ocio, etc.).

Agradecemos a María a súa visita ao noso centro e esperamos vela de novo en máis ocasións.

Visita á sede do Grupo Aluman

O dia 23 de xaneiro de 2024 o alumnado da materia Tecnoloxía de 4º ESO do IES David Buján desprazouse ata a sede do Grupo Aluman en Arteixo para realizar unha visita ás instalacións e coñecer de cerca os procesos de produción que se levan a cabo.

Agradecemos ao Grupo Aluman a a súa boa disposición para concertar a actividade e a Marta a boa acollida e as explicacións proporcionadas durante a visita.

Vista aos laboratorios de Applus+

O día 16 de outubro desenvolveuse unha visita ás instalacións de Applus+ na N-VI (Sada). A actividade contou coa participación do alumnado de Física e Química de 1º de bacharelato e o alumnado que cursa Tecnoloxía e Enxeñería en 1º e 2º de bacharelato.

A visita aos laboratorios de ensaios de materiais incluíu demostracións e explicacións de ensaios de tracción, compresión, microscopía e ensaios non destrutivos.

Agradecemos a Applus+ a súa disposición para ofrecerlle ao noso alumnado a posibilidade de realizar esta visita didáctica.

Visita á sede de Altia

O 22 de novembro, dentro da iniciativa “Tecnólogo por un día” impulsada pola Axencia para a ModernizaciónTecnolóxica de Galicia, os nosos alumnos Martín García París (2 bac) e Teo Moity Rey (1 bac) desprazáronse ata a sede de Altia en Oleiros para participar nunha xornada informativa na que se desenvolveron diversas charlas e reunións.

Na primeira sesión, o poñente abordou temas relacionados co big data e compartiu co alumnado diversos detalles da súa traxectoria laboral na compañía. A segunda charla estivo centrada nunha aplicación de seguimento de envíos para empresas como Inditex, Mahou e Ence. A aplicación rastrexa envíos, traxectos e xestión de produtos mediante hardware de GPS especializado. A última sesión foi unha reunión en liña que conectou con tres sedes máis, todas participantes no programa “Tecnólogo por un día”. Durante a reunión, realizouse un Kahoot sobre a historia da empresa e mantívose unha conversa entre as sedes para compartir opinións sobre Altia.

Visita ao CIS Tecnoloxía e Deseño e ao CESENA

O 29 de setembro de 2023, o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría, TIC e Tecnoloxías Intelixentes de 1º bacharelato realizou unha visita á sede do Centro de Innovación e Servizos Tecnoloxía e Deseño en Narón. Aproitouse o desprazamento para visitar tamén o Centro de Excelencia do Sector Naval, cuxa sede se atopa no mesmo edificio.

Ambas as dúas visitas estiveron centradas na explicación de posibles aplicacións de realidade virtual e realidade aumentada, de xeito que o alumnado tivo ocasión de probar diversos contornos dixitais: deseño, fabricación e mantemento de embarcacións, adestramento de pintura con pistola de presión, sistema solar, RA aplicada a unha biblioteca e moitas máis.

Tanto o alumnado participante na visita coma o profesorado acompañante queren agradecer aos anfitrións o bo trato recibido.

Pódese ver a galería completa de fotos e vídeos.

 

 

Proxectos 2º ESO curso 2022-23

Parabéns ao alumnado polo traballo desenvolvido durante este curso. Traballamos estruturas, mecanismos, electricidade e, en definitiva, todos os contidos da materia e soubemos combinar traballo e diversión.

Visita ao Museo Didáctico das Telecomunicacións

O 17 de abril de 2023, o alumnado de Tecnoloxía e enxeñaría de 1º bacharelato realizou unha visita ao Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña. O persoal do museo -traballadores xubilados de Telefónica- explicou a evolución das tecnoloxías máis relevantes do ámbito das telecomunicacións (telefonía, telegrafía, radiocomunicación...) dende as súas orixes, hai máis de 150 anos, ata os dispositivos dixitais da actualidade. O máis asombroso deste museo é que moitos dos equipos están plenamente operativos a pesar da súa antigüedade. Tamén é salientable a cantidade de paneis que, mediante o uso de leds, explican os procesos que se levan a cabo nas redes de comunicacións.

Tanto o alumnado participante na visita coma o profesorado acompañante queren agradecer aos anfitrións o excelente trato recibido e animalos para que continúen coa increíble e sacrificada labor de mantemento que veñen realizando no museo.

Día da ciencia da rúa ao teatro 2021

O pasado sábado 8 de maio de 2021 tivo lugar o Día da Ciencia na rúa que pasou ao teatro este ano 2021.

O noso alumnado participou cun impresionante proxecto "Leds a escena", traxes con luces led programadas con arduino, que brilaron nun baile con moita ciencia.

Noraboa polo gran traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut