BASES
1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no curso 2011-12 no centro.
2.- As creacións deberán cumprir os seguintes requisitos:
* As dimensións da tarxeta serán en A5 (14,5 X 21 cm =unha cartolina A4 dobrada á metade). Poderá realizarse tanto en sentido vertical como horizontal.
*A felicitación constará dunha parte gráfica e dun texto, que se valorarán en conxunto. Valorarase a orixinalidade, a extensión e a corrección do texto.
* Pódense empregar calquera lingua, pero deberá figurar tamén o texto en lingua galega, integrado na propia felicitación.
* Os textos que non sexan correctos serán descalificados.
* As composicións deberán ser orixinais.
* A técnica será totalmente libre (collage, superposición de materiais, pinturas, … )
* O nadal irá sen sinatura e ao dorso da mesmo figurará un lema ou pseudónimo. Nun sobre á parte figurarán os datos do/da autor/a
3.- Non existe limitación en canto ao número de traballos presentados.
4.- Establécense varias categorías e cada unha terá premios. O centro poderá empregar un dos nadais para as súas felicitacións, sempre indicando a autoría.
CATEGORÍAS:
A – Alumnado de 1º e 2º da ESO.
B ‐ Alumnado de 3º e 4º da ESO e PCPI
C ‐ Alumnado de Bacharelato
5.- A data límite de presentación dos traballos será o mércores 7 de decembro.
6. Os traballos poden ser entregados ao profesorado da materia. Os alumnado restante farano no Departamento de Dinamización Lingüística.
7.- A decisión do xurado, que estará composto por profesorado persoal non docente e alumnos/as, será inapelable e será notificado persoalmente aos gañadores. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio, se as nadais presentadas ao concurso non tiveran a calidade suficiente.
8.- Realizarase unha exposición cos traballos presentados, que quedarán á disposición do Centro.
9.- A participación neste concurso supón a total aceptación das bases que o rexen.