O 30 de Outubro oo alumnado de 3º da ESO do IES David Buján vai asistir ao Fórum da Coruña a un concerto-coloquio con De Vacas, un dos grupos que máis está soando actualmente dentro do panorama musical galego. A actividade é de balde.
A actividade forma parte do programa de Dinamización Lingüística "Falamos" desenvolvido polo Concello de A Coruña, que pretende darlle á mocidade unha visión útil e moderna da lingua galega, así como eliminar prexuízos lingüísticos.
En próximas datas o resto do alumnado terá tamén a ocasión de ir a outro concerto de música galega.
DE VACAS
O grupo foi o gañador, na IV edición dos Premios Martín Códax, da categoría de Coros e Grupos Vocais.
O grupo está composto por Laura Romero (cantante do grupo de música infantil galega "A Gramola Gominola"), Faia Díaz e Inés Salvado, acompañadas á guitarra por Guillerme Fernández, membro fundador do grupo Berrogüetto e colabora noutros proxectos paralelos con Xabier Díaz, Espido, Guadi Galego.
O grupo fai versións de temas moi coñecidos ("Gagnam Style", do rapeiro PSY, "Despacito" de Luis Fonsi, " De noche y de día" de Enrique Iglesias, "Soy yo" de Marta Sánchez, " El taxi" de Pitbulll, ...) o que contribúe a difundir a lingua galega aproveitando a oportunidade que ofrece a música coñecida. De feito, as súas versións, como a do "Despacito" titulada "Amodiño", leva xa máis de 500.000 visualizacións no Youtube.
O Departemento de Lingua Galega e mais o de Convivencia elaboraron unha ficha. Búscase a reflexión sobre os estereotipos de xénero na música.