O Instituto Nº1 de Ordes, en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do centro, convoca o premio de poesía Carme Villaverde.
Poderá participar o alumnado de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2018. Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega. O prazo de presentación remata o 3 de maio de 2019 ás 14:00 horas.
BASES
Tamén podes consultar as bases na cortiza do EDLG