Skip to Content

Dinamización lingüística

Contaxio

Contaxio’ é unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”. 

Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia. 

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.

Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.

Samaín

 

O  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, convoca o III CONCURSO DE CONXUROS para festexar o Samaín.
Enténdese por conxuros ou esconxuro   todo tipo de invocación, máis ou menos rimada, aos poderes de toda índole: físicos, espirituais, morais, atmósféricos, sobrenaturais,…  A finalidade deste concurso é  recadar conxuros para  que desapareza   todo o negativo que hai no mundo.
Aquí podes consultar algún exemplo

 

           BASES

Rilla rilla na lingua

Rilla-rilla é un espectáculo interactivo en forma de concurso que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. As ondas e o salitre hannos levar ao lugar das palabras esquecidas. Rilla-rilla é un espectáculo dinámico conducido por Atenea García, a actriz e presentadora deste particular consurso, onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento. 

Xoves, 8 de outubro ás 18.00 h, Centro Sociocultural do Graxal

PROTOCOLO COVID-19:

Ac c e s o  a b e r t o  a  p a r t i r  d a s  1 7 . 3 0 h

Af o r o  l imi t a d o  p o r  o r d e  d e  c h e g a d a

I n f o : 6 4 9 8 9 1 2 1 2

Olla a palabra do día

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié convocan a través da web do Portal das Palabras o concurso Olla a Palabra do Día! A iniciativa, dirixida aos centros de educación infantil, primaria e secundaria, repartirá oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes aos termos da sección Palabra do Día publicados na plataforma durante o mes de outono

BASES

Letras Galegas 2020

"Ricardo carballo Calero (Ferrol, 1910- Santigo de Compostela, 1990) é o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. A súa elección responde  ao enorme e variado legado que nos deixou non só no plano literario, senón tamén nos ámbitos da filoloxía  e da lingüística.

Calero cultivou todos os xéneros literarios (é autor de obras narrativas, poéticas, teatrais, de ensaio, ...), pero a súa figura vai moito máis alá " ( Héctor Cajaraville  en  Ricardo Carballo Calero. A pegada do compromiso)

Para coñecer a súa biografía podes consultar a páxina da Real Academia Galega

Premiados Mail Art 2020

Aquí está a relación dos premiados

 

Premiados Mail Art 2020

Aquí está a relación dos premiados

 

XXVII Certame literario

Bases do certame literario "Xoán Díaz" 2020 e ficha de inscrición

Prazo de entrega de traballos: do 15/03/2020 ao 30/04/2020

APRAZADO POLO CONCELLO DE CAMBRE ATÉ NOVO AVISO

 

Intercambio con Penafiel ( Portugal). EDLG

17/02/2020 08:07
Atlantic/Bermuda

Saída á Coruña dende as 9 ata as 19:30

Intercambio con Portugal

Esta semana comeza o Intercambio con Portugal  que o EDLG organiza e no que participan 60 alumno-as (31 portugueses-as e 29 galegos-as ). Será unha semana de moitas actividades xuntos. Nós iremos s Penafiel do 25 ao 30 de marzo

Aquí esta o programa de visitas

Distribuir contido


by Dr. Radut