Skip to Content

Dinamización lingüística

Antía Yáñez

A escritora Antía Yáñez protagonizará o xoves 10 de febreiro, no noso centro, a partir das 11.20 horas  un encontro literario organizado dende o EDLG  dentro dos 21 DCG+.

Aínda que estudou enxeñería de Camiños, Antía Yáñez Rodríguez (Burela, 1991), xestiona unha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces, compaxinando esa actividade coa literaria.

Entre os premios outorgados á súa obra cóntanse o Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria de Moaña (2013); o Premio de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela (2014 e 2017); o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016); o premio Illa Nova coa novela Senlleiras (2018) e o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, pola obra Plan de rescate (2019).

O misterio de Portomarín (2016) foi a súa primeira novela publicada, seguida pola premiada ‘Senlleiras’ (2018), O misterio do torque de Burela (2019) e Be Water (2019).Os rapaces do centro leron O misterio de POrtomarín, obra que lles encantou e que os tivo moi intrigados.

 

21 días de música en galego e +: a nosa lista!

Xa podes propor cancións nesta lista colaborativa do IES David Buján! 

MUSIGAL 2022: roldas clasificatorias

Comeza o Musigal para escoller a canción do 2021 que máis nos gustou.

Participa propoñendo cancións para seren incluídas nas roldas clasificatorias. Manda as túas proposta ao edlg@iesdavidbujan.gal (cancións do 2021). Podes conseguir puntos do EDLG

Tamén podes participar votando as cancións xa propostas, dende a túa sesión (coa conta do centro). Só podes votar unha vez por eliminatoria.

Para seleccionar as finalistas faranse tantas roldas como cancións se propoñan. Sortearanse puntos do EDLG entre os que voten.  

Embaixo irán aparecendo todas as elimatorias

 

Nadal 2021

O EDLG ponlle o ramo a este ano 2021 ( para que non volva) e celebra a chegada do novo ano convidando a celebrar as festas de Nadal en galego.

Faino por medio dunha manchea de concursos, propostas de actividades e recursos para galeguizar estas festas e promover o uso da nosa lingua.

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL DIXITAIS

 Podes facer a túa felicitación en distintas aplicacións. Unha deles é canva. Segue estes pasos:

1. Vai Canva (https://www.canva.com/)

Podes rexistrarte ou non. Para comenzar escribe postal de nadal (en buscas) e escolle o deseño que mellor se adpate ao que res crear. Fíxate que hai modelos de pago.

2. Personaliza o teu deseño ( texto en lingua galega, cores, imaxes, ...). 

3. Cando o teu deseño esta listo poderás compartilo con todo o mundo. Tamén o podes descargar en distintos formatos.

4. Para o concurso descárgao en JPG  e  mándao ao email do EDLG  (edlg@iesdavidbujan.gal) con teus datos  (nome e curso)  antes do 20 de decembro. 

Os traballos que participen no concurso deben facer referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Ademais do tema, valorarase o coidado estético e lingüístico das propostas.

PARTICIPA!!

GORENTOSOS PREMIOS

 

PANXOLIÑA: Nadal de Luintra (Berrogüeto e Guadi Galego)

O EDLG convida a  toda a comunidade educativa a cantar todos xuntos esta  marabillosa e  tradicional panxoliña. Todos aqueles que estean interesados  comezan os ensaios o luns, 13, segundo recreo, no salón de actos. Non te esquezas.

Aquí tes mp3 da peza

Aquí tes a letra

 

RECURSOS DIXITAIS

Tamén  vos queremos facilitar algúns recursos dixitais  en lingua galega que poderedes descargar e cos que festexar o Nadal en galego e promover o uso do idioma, nomeadamente entre a xente miúda.

Aquí podes descargar gratuitamente  a "Carta ao Reis Magos"  a "Resposta dos Reis Magos"  o Libro dos Reis Magos, elaboradas pola SXPL, para elaborar de xeito doado as cartas dos máis cativos, así como a resposta para manter viva a ilusión  e dinamizar a nosa lingua propia.

Adhesivos e etiquetas en galego para os teus agasallos. Podes descargalos aquí. 

 

 

Cuñados. Cinema no Buján

Na Semana do 29 ao 3 proxectarase no salón de actos a  comedia de Toño López Cuñados (2021), exhibida, en galego (con subtítulos), nas pantallas de toda España  con gran éxito.

A asistencia aos distintos pases será a seguinte:

Luns 29 (16:30-18:10): 2º eso A, B, C e 3º C

Martes 30 (8:30-10:10): 1º ESO A, B, C e 3º A

Xoves, 2 ( 12:30-14:10): 4º ESO A,B,C e 3º B

Rógase puntualidade (non se poderá entrar coa película xa iniciada) e comportamento adecuado para un cine  (completamente en silencio e sen facer ruídos dende o inicio ata o fin  da película  para respectar ao resto das persoas que queren seguir a película)

Aquí podes ver o trálier oficial

25N. Reto Manequín- Tanxugueiras

Un reto manequín contra a violencia machista

 

O alumnado do David Buján participou nun  Reto Manequín coa canción das Tanxugueiras ("Que non mo neguen") para revindicar esta data e mandar unha mensaxe de concienciación sobre este grave problema. Foron as rapazas quen organizaron, gravaron e editaron os vídeos.

Son muller forte e libre hoxe e todos os días do ano!!

Aquí podes ver o vídeo

21 días en galego e +

Distribuir contido


by Dr. Radut