Este ano imos participar nunha actividade proposta polo do CEIP Wenceslao Fernández Flórez. Imos facer nadaliñas para distribuir polos comercios de Cambre para que este ano no noso concello se viva un Nadal en galego.
Cada alumno/ a pode entregar ata un máximo tres nadaliñas (técnicas libres) pero todas teñen que seguir un modelo, que se adxunta ao final desta entrada, : teñen que ser feitas unha cartolina A4 dobrada, na portada ten de haber unha ilustración (pode ser a que o centro fornece) e o lema BO NADAL (no lado longo ou no lado curto, dabaixo da ilustración) e dentro ten de haber un texto en galego-mínimo catro versos- de entre os que se achegan no documento adxunto.
O resultado final debe ser curioso e esteticamente agradable, pois será empregado polas persoas que o desexen para felicitar o Nadal aos seus achegados e amigos. Os mellores terán premios (puntos) do EDLG. E a que resulta a gañadora entre todas as elaboradas, a ollos do xurado, será a empregada no centro para felicitar as festas.
Se tes dúbidas, pregúntalle ao profesorado de Plástica ou de Lingua Galega
Anímate e participa
Os nadais galegos
En Galicia a tradición das nadaliñas está documentada xa dende hai ben tempo. Dende a inmediata Posguerra ata primeiros dos oitenta chegou a ser común o envío de nadaliñas entre autores galegos, que escribían como felicitación das festas poemas (sobre todo panxoliñas e outros cantos natalicios), habitualmente acompañados de imaxes creadas ex professo por coñecidos pintores e, en ocasións, tamén acompañados de partituras musicais.
Foron asiduos ás nadaliñas Aquilino Iglesia Alvariño, Ben-Cho-Shey, Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez, Luz Pozo Garza, Manuel Fabeiro Gómez, Manuel María, Sebastían Martínez Risco, Xohana Torres, Faustino Rey Romero, Francisco Vales Villamarín, Celso Emilio Ferreiro, María do Carme Kruckenberg, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane ou Fiz Vergara Vilariño, entre moitos outros. Unha boa mostra é a exposición que hai na entrada do noso centro e os textos que se escolleron para a actividade. Todas as nadaliñas da exposición do centro pertencen á colección de Sebastión Martínez-Risco.