|
Seguindo unha iniciativa do Grupo de Dinamización Lingüística estamos nomeando os espazos do Centro con nomes propios da cultura. O primeiro foi o Salon de Actos, que levará o nome dun home do noso teatro, Manuel Lourenzo. O pasado luns, día 15, compartimos con Manuel Lourenzo uns minutos inesquecibles e decubrimos con el o rótulo deseñado por Silvia Fernández, profesora de Debuxo. Na galería de imaxes que acompaña esta entrada podedes ver algúns momentos desa tarde.
Os outros nomes elixidos* polo alumnado son:
|
1º ESO A |
Eduardo Pondal |
1º ESO B |
Manuel María |
1º ESO C |
Fina Casladerrey |
2º ESO A |
Neira Vilas |
2º ESO B |
Rosalía de Castro |
3º ESO A |
Agustín Fernández Paz |
3º ESO B |
Andrea Maceiras |
3º ESO C |
Castelao |
4º ESO A |
Celso Emilio Ferreiro |
4º ESO B |
Carlos Negro |
1º BAC A |
Martín Codax |
1º BAC B |
Manuel Curros Enríquez |
1º BAC C |
Rafael Dieste |
2º BAC A |
Eduardo Blanco Amor |
2º BAC B |
Álvaro Cunqueiro |
2º BAC C |
Luz Pozo Garza |
Biblioteca |
Frei Martín Sarmiento |
Latín |
Monxa Exeria |
Aula de Tecnoloxía |
Ángeles Ruíz Robles |
Aula de Plástica |
Isaac Díaz Pardo |
Laboratorio |
Ángel Carracedo |
Info A |
Mª Josefa Wonenburger |
Aula de Convivencia |
María Reimóndez |
Desdobre 1 |
Ánxel Casal |
Desdobre 2 |
María Miramontes |
|
*A elección realizouse durante o curso 2015-2016