Skip to Content

Concurso de nadais

12/11/2011 11:27
07/12/2011 14:10
Etc/GMT+1

Xa está en marcha o concurso de felicitacións de Nadal. Espero que vos animedes a participar.

 Aqueles e aquelas que pensedes que a calidade dos vosos debuxos non é boa, non deixedes de participar. Tratade de ser orixinais con outros materiais (collage, distintos papeis, selos, purpurina ...). Ofrecede unha visión nova e orixinal do Nadal.

Tratade de ser orixinais tamén nos textos. Tendade facer unha felicitación que vaia máis alá de Feliz Nadal, que xa está moi visto. Atención á corrección lingüística.
Faremos unha exposición con todos os nadais. O traballo gañador felicitará as festas a todos.
Moito ánimo e a ver se gañamos.

BASES
1.- Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados no curso 2011-12  no centro.
2.- As creacións deberán cumprir os seguintes requisitos:
* As dimensións da tarxeta serán  en A5  (14,5 X 21 cm =unha cartolina  A4 dobrada á metade). Poderá  realizarse tanto en sentido vertical como horizontal.
*A felicitación constará dunha parte gráfica e dun texto, que se valorarán en conxunto. Valorarase a orixinalidade, a extensión e a corrección do texto.
* Pódense empregar calquera  lingua, pero deberá figurar tamén o texto en lingua galega, integrado na propia felicitación.
* Os textos que non sexan correctos serán descalificados.
* As composicións deberán ser orixinais.
* A técnica será totalmente libre (collage, superposición de materiais, pinturas, … )
* O nadal irá sen sinatura e ao dorso da mesmo figurará un lema ou pseudónimo. Nun sobre á parte figurarán os datos do/da autor/a
3.- Non existe limitación en canto ao número de traballos presentados.
4.- Establécense varias categorías e cada unha terá premios. O centro poderá empregar un dos nadais  para as súas felicitacións, sempre indicando a autoría.
CATEGORÍAS:
A – Alumnado de 1º e 2º da ESO.
B ‐ Alumnado de 3º e 4º da ESO e PCPI
C ‐ Alumnado de Bacharelato
5.- A data  límite de presentación  dos traballos será o mércores 7 de decembro.
6. Os traballos poden ser entregados ao profesorado da materia. Os alumnado restante farano  no Departamento  de Dinamización Lingüística.
7.- A decisión do xurado, que estará composto por profesorado persoal non docente e alumnos/as, será inapelable e será notificado persoalmente aos gañadores. O xurado resérvase o dereito de declarar deserto o premio, se as nadais presentadas ao concurso non tiveran a calidade suficiente.
8.- Realizarase unha exposición cos traballos presentados, que quedarán á disposición do Centro.
9.- A participación neste concurso supón a total aceptación das bases que o rexen.



event | by Dr. Radut