II Día da Ciencia en Galego
II Día da Ciencia en Galego
O vindeiro 4 de novembro celébrase o II Día da Ciencia en Galego. Está dedicado á muller na ciencia e á quimica, porque este ano celébrase o Ano internacional da Química. O motivo principal para declarar o 2011 Ano Internacinal da Química é o centenario do Premio Nobel de Química outorgado no 1911 a Marie Curie polo descubrimento do radio e polonio.
Marie Curie é a primeira muller que recibe un Premio Nobel . En 1903 recibe o primeiro, o da Física, xunto ao seu marido, Pierre Curie, polas súas investigacións sobre os materiais radiactivos. É tamén a primeira muller que recibe dous, pois vai recibir o segundo, o da Química, en 1911.
Este ano tamén está dedicado a unha investigadora, matemática, coruñesa: María Josefa Wonenburger. Esta foi a pimeira muller que se licenciou en Matemáticas na Universidad Central de Madrid, 1950. Foi tamén a primeira en conseguir unha beca Fullbright para facer o seu doutoramento na Universidade de Yale. Os seus estudos centráronse na teoría de grupos de semellanzas e alxebras de Lie. Aquí deixamos un enlace a un vídeo homenxe a esta importante figura. http://youtu.be/1V3pgZqSuIA