Cuestionario de usos lingüísticos. Curso 2021-2022
Para unha adecuada planificación lingüística é preciso coñecer os usos, as competencias e as actitudes sobre a lingua galega da comunidade educativa.
O cuestionario é totalmente anónimo. Pero só se permite o acceso aos usuarios que pertenzan ao IES David Buján. Polo tanto os enquisados deberán iniciar sesión coa súa conta do centro.
Preme no enlace correspondente, completa as preguntas do cuestionario e dálle a ENVIAR. Grazas pola túa colaboración.