O Blog de Proxectos Europeos, pretende favorecer o contacto das familias e o resto da comunidade educativa, cos alumnos participantes na actividade a levar a cabo nese momento.
Ao longo destes anos, pretendemos visitar diferentes paises, coñecer distintas culturas, non como meros turistas, senón como invitados. O vivir durante unha, duas ou tres semanas nos fogares de cada un dos nosos "partners", empaparannos, sen querer, dos seus costumes, tradición ou idioma. A visita dos nosos invitados, ao centro, provocará, sen dúbida, un efecto similar. Creemos que o mellor xeito de "facer do mundo a nosa casa" é coñecendo e respectando as súas culturas.