Skip to Content

Blogues

XORNADAS DE ORIENTACIÓN 2024 A CORUÑA "TI ELIXES"

Maña día 3 ábrese o prazo para inscribirse nas Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024), que están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional.

Concurso musical Marzo

Xa está aquí o concurso musical do mes de marzo

Anímate e participa!!

Lembramos as normas:

  • Tes de rexistrarte cos teus datos (Nome completo, curso e aula)
  • Tes de completar as dúas pezas
  • Prazo: ata o 15 de abril
  • Gorentosos premios
  • Sorteo dunha camiseta entre todos os participantes

Olimpiada de Bioloxía 2024

O pasado venres 23 de febreiro o noso alumno de 2º de Bacharelato Juan González Seijas participou na fase presencial da Olimpiada de Bioloxía, que tivo lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, tras ter superado a fase previa online.

Durante a xornada, ademáis de realizar un exame teórico e diversas actividades prácticas, asistiu a unha conferencia sobre o Anisakis impartida polo profesor da Facultade o Dr Raúl Iglesias Blanco.

Parabéns pola superación da fase previa e polo bo aproveitamento da xornada!

                                                 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado venres 23 de febrerio, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, realizamos no centro varias actividades para recordar a escritora iniciadora do Rexurdimento.

 

RECITAL DE POESÍA

O alumnado de Proxecto Competencial (2º ESO) encargouse de facer un recitado poético da obra de Rosalía.

 

TAREFA CREATIVA


Mentres que os alumnos e alumnas escoitaban de fondo a versión musicada de Guadi Galego do poema "Tecín soia a miña tea", foron tecendo os versos de dito poema e saíron auténticas creacións:

 

TALLER DE POSTAIS

Os rapaces e rapazas escolleron un poema de Rosalía e, acompañado dunha ilustración, escribírino nunha postal que logo enviaron por correo a quen eles quixeron. Aquí tedes algún exemplo:

 

 

 

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O pasado 21 de febreiro o noso centro contou coa visita da escritora Andrea Maceiras. A autora mantivo unha conversa co alumnado de 1º ESO do seu libro Alma de elefante e con rapaces e rapazas de 4º ESO para falar de Que me pare o corazón se te esquezo. Coa axuda dunha presentación dinámica explicounos as orixes das novelas para logo manter unha suxestiva conversa sobre elas. Por último, mantivo un coloquio co alumando no que Andrea respondeu a preguntas sobre os seus inicios como escritora, o longo proceso de creación dos libros, das dinámicas creativas, etc.

Andrea, grazas por visitarnos!

Charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia

Aproveitando que non vai nin unha semana da celebración das nosas eleccións autonómicas, e continuando co noso compromiso de educar en valores democráticos, esta mañá do 22 de febreiro celebramos no salón de actos do noso centro un coloquio sobre o Parlamento de Galicia. 

A sesión comezou coa proxección dun vídeo divulgativo sobre a historia e funcionamento da institución, e continuou cos relatorios de dous invitados de honra: María Pilar García Negro e Ángel Ramón Mesa Torreiro, que falaron en calidade de exdeputados.

María Pilar García Negro introduciunos na historia do noso parlamento, falounos da súa bagaxe persoal e profesional, e sinalou algúns dos logros da institución. Pechou a súa charla coa lectura duns versos de Rosalía de Castro, aproveitando a proximidade do seu aniversario.

Ángel Ramón Mesa Torreiro incidiu na importancia da palabra para acadar consensos, e reivindicou o valor do parlamento como espazo de debate e representación da pluralidade ideolóxica da cidadanía galega. Rematou a súa intervención convidándonos a visitar o parlamento e a coñecer as formas de participación cidadá a través da súa páxina web.

A esta actividade, organizada polo Departamento de Filosofía, asistiu todo o alumnado de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 3º da ESO, en compañía do alumnado de Filosofía de 4º da ESO.

 

Visita ós xulgados do penal da Coruña

Por segundo ano consecutivo, o IES David Buján participa no programa Educar en Xustiza.

Nesta ocasión o alumnado de Filosofía de 4º da ESO visitou os Novos Xulgados da Coruña para asistir en directo a 6 xuízos no xulgado do penal. Alí recibiunos o maxistrado Carlos Suárez Mira, quen, entre xuízo e xuízo, explicounos as características de cada un dos procesos e respondeu a tódalas nosas dúbidas. Unha xornada moi instrutiva que se desenvolveu na mañá do martes 20 de febreriro, e que de seguro repetiremos!

xulgados

Concurso musical FEBREIRO

Xa está aquí o concurso musical do mes de febreiro.

Anímate e partipa!!

Lembramos as normas:

  • Tes de completar as dúas pezas
  • Tes de rexistrarte cos teus datos (Nome completo, curso e aula)
  • Prazo: ata o 3 de marzo
  • Se partipan máis de 35 persoas, sortéase camiseta.
  • Gorentosos premios

A candeloria, 2 de febreiro

candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra, di tamén a cultura popular), no momento en que  xa é evidente que medran os días e a natureza comeza a prepararse para  o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. 

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa,  di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! (Tirado do Portal das Palabras)  

Concurso refráns

Para festexar esta data o EDLG convoca un concurso de refráns da Candeloria e outros.

A ver que sabe máis e é máis rápido!! Os primeiros terán premios (puntos, bocatas, ...)!!

 

Anímate a participa

Lembra pór o teu nome, apelido, curso e aula. Se cadra debes darlle antes a Esse não sou eu.

Na catedral do abrente

hoxe cásanse os paxaros,

con nubens de neve e ouro

está o ceo galanado.

 

Ficou o día ancorado

na ría donda do ceo.

Os roibéns soben no lonxe

como rosarios de encenso.

 

O xantar do casamento,

roibo, na palma da man

das eiras madrugadoras

xa está arranxado no val.

 

Vai tocando polo campo

a súa zanfona o rego

e canta o vento nas farpas

sonorosas dos piñeiros.

 

O campo as montanas ruzas

envolve en capa pluvial

co hisopo do sol mollado

dálles a beizón nupcial.

 

Do casebre nugallán

soben os vivas dos galos

e na festa desta noite

 

estrena un luar o campo.

soben os vivas dos galos

e na festa desta noite

 

estrena un luar o campo.

 

                       Luís Amado Carballo, Proel (1927)

Distribuir contido


by Dr. Radut