Skip to Content

XORNADAS DE ORIENTACIÓN 2024 A CORUÑA "TI ELIXES"

Maña día 3 ábrese o prazo para inscribirse nas Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024), que están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional.

Para consultar esta actividade de orientación vocacional tes que acudir ao teu blog "orientatron" onde poderás descargar un díptico informativo con todas as posibles visitas e charlas, así como un código QR no que tes dispoñible unha serie de vídeos sobre saídas universitarias das Xornadas do curso pasado, ou si prefieres, consulta todo sobre este tema na páxina do Concello de A Coruña.

 



blog | by Dr. Radut