O Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto é un día internacional de lembranza das vítimas do Holocausto, un asasinato en masa por unha ideoloxía racista cometido polos nazis e os seus seguidores que se cobrou a vida 11 millóns de persoas entre xudeus (6 millóns), comunistas, polacos, xitanos, homosexuais, persoas con discapacidade, comunistas, desidentes, serbios ,... e outros durante a Segunda Guerra Mundial.
Segundo as fontes historiográficas Franco deportou máis de 10.000 republicanos españois, preto de 200 orixinarios de Galicia, aos campos de concentración nazis. Morreron preto de 6.000. Os restantes foron liberados. Aínda así, a ditadura franquista nunca lles permitiu voltar ao seu país.
Este 2024 cúmprense 79 anos da liberación (o 27 de xaneiro de 1945) do maior campo de concentración nazi, o de Auschwitz-Birkenau, un dos centros de reclusión onde se executou a política de exterminio masivo, instaurada polo réxime nazi de Adolfo Hitler durante a Segunda Guerra Mundial.
No IES David Buján queremos recordar e educar para non repetir. Para lembrar esta catástrofe histórica vaise proxectar no salón de actos O neno do pixama a raias (2008), película que igual cá novela, aínda que con pequenos cambios, descríibe o holocausto durante a Segunda Guerra Mundial desde o punto de vista dun neno.