Novembro: mes da Ciencia en Galego
O 10 de novembro foi declarado pola Unesco como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Por este motivo dende hai 12 anos en Galiza celébrase o Mes da Ciencia en Galego, centrado este ano na saúde e nas figuras de Alexander Fleming e Domingo García Sabell.
No IES David Buján estamos preparando unha chea de actividades para celebrar esta data como se merece e mostrar a vitalidade da nosa lingua tamén neste campo.
1. CONCURSOS
Tamén nos podemos divertir en galego e coa ciencia. Participa e xoga. Podes gañar gorentosos premios e puntos do EDLG. Os concursos estarán abertos ata fins de novembro. Non esquezas pór o teu nome completo, curso e grupo. Os que máis puntos consigan terán premios.
- Mulleres científicas. A ver canto sabes?
- Desafíos matemáticos. Estás preparado?
2. CONFERENCIAS
- Dr. Diego Martínez Santos, físico e investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías en Santiago de Compostela. Premio 2013 da Sociedade Europea de Física ao Mellor Físico Novo de Europa. "A Física de partículas no século XXI". Día 3 de novembro, ás 12:00
- Dr. Francisco Javier De Toro Santos, Xefe de Servizo de Reumatoloxía do CHUAC e vicepresidente do colexio de Médicos da provincia da Coruña. Día 17 de novembro ás 12:00.
- Dª Mónica Cartelle Gestal, profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía na Universidade de Louisiana, nos Estados Unidos. Día 24 de novembro ás 12:30.
3. DRAMATIZANDO A CIENCIA
Toda a información aquí
Outras actividades dinamizadoras activas no centro.