Cinema no Buján
O 31 de outubro, para festexar o Samaín vaise programar esta película no salón de actos
Os mortos van á présa é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que se estreou o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, agás a actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodado en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea.
O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, cunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.