You are hereBlogues / blogue deProxectos Europeos

blogue deProxectos Europeos


Síguenos no noso Blog de Intercambios europeos sticky icon

O Blog de Proxectos Europeos, pretende favorecer o contacto das familias e o resto da comunidade educativa, cos alumnos participantes na actividade a levar a cabo nese momento.
Ao longo destes anos, pretendemos visitar diferentes paises, coñecer distintas culturas, non como meros turistas, senón como invitados. O vivir durante unha, duas ou tres semanas nos fogares de cada un dos nosos "partners", empaparannos, sen querer, dos seus costumes, tradición ou idioma. A visita dos nosos invitados, ao centro, provocará, sen dúbida, un efecto similar. Creemos que o mellor xeito de "facer do mundo a nosa casa" é coñecendo e respectando as súas culturas.

Descansa en paz Aire

 

Novas Comenius

Temos que informarvos que os alumnos holandeses non van poder asistir á visita a España dentro do proxecto Comenius , xa que o profesor coordinador do proxecto en Holanda, Arie Wels, faleceu, onte mércores, por mor dun accidente de tráfico.

Descansa en Paz Arie.
 Nog zoveel plannen nog zoveel dromen. We zullen je missen.


Desde o IES David Buján de Cambre enviamos un bico moi forte a toda a súa familia.

Benvidos a todos!!

 

Que vén Comenius.

Benvidos a todos!!

 Todo o instituto está nervioso e expectante ante a chegada dos nosos invitados de Turquía, Romanía, Portugal, Holanda e Reino Unido. Un total de 21 alumnos e 11 profesores visitarannos durante a semana do 3 ao 9 de novembro. Traballaremos no noso proxecto común, denominado "You and me in a Portable Knowledge".

Se queredes máis información do programa desta semana segue este enlace.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdavidbujan/aulavirtual/mod/book/view.php?id=4072  Podes entrar coma invitado

 

InGenious e Summer School

O pasado mes de agosto tivo lugar en Barcelona a Summer school anual deste proxecto. En devandita actividade, o IES David Buján tivo unha dobre participación. Por unha banda comentando nunha mesa redonda as experiencias realizadas durante o curso e por outro, como coordinadores nacionais de Global Excursión, indicando mellóralas da rede social de profesores que está creando este proxecto.

Ciencia e Proxectos Europeos

No IES David Buján os proxectos europeos están íntimamente relacionados cos proyectos científicos. Deste xeito, proxectos coma inGenious, Global Excursion ou Xplore Health están a verse incluidos dentro do currículo de materias denominadas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics)

O seguinte artigo foi publicado o mes de marzo no diario "El Metropolitano"

Visitamos Jesi

A semana do 16 ao 23 de marzo visitamos a Escuola Tecnolóxica "Galileo Galilei" de Jesi-Ancona (Italia). A estancia en Italia permitiunos participar nas actividades habituais dos alumnos italianos, como as prácticas de laboratorio ou as saídas a lugares de interés histórico.

Este intercambio xurdíu grazas ao contacto realizado polas nosas escolas no marco do proxecto europeo inGenious (Brings teachers and industry together to excite pupils about science, technology, engineering and maths).

           

Benvenuti!!

A semana do 16 ao 23 de febreiro visitarán o noso instituto 15 alumnos da Escuola Tecnolóxica de Jesi-Ancona (Italia). Este intercambio xorde grazas ao contacto realizado polas nosas escolas no marco do proxecto europeo inGenious (Brings teachers and industry together to excite pupils about science, technology, engineering and maths).

Durante esta semana, convivirán connosco no centro, visitarán os nosos museos e, sobre todo, estarán aloxados nas nosas casas, onde lles poderemos amosar a riqueza cultural da nosa terra.