Visitamos Jesi
A semana do 16 ao 23 de marzo visitamos a Escuola Tecnolóxica "Galileo Galilei" de Jesi-Ancona (Italia). A estancia en Italia permitiunos participar nas actividades habituais dos alumnos italianos, como as prácticas de laboratorio ou as saídas a lugares de interés histórico.
Este intercambio xurdíu grazas ao contacto realizado polas nosas escolas no marco do proxecto europeo inGenious (Brings teachers and industry together to excite pupils about science, technology, engineering and maths).