Skip to Content

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS! CELEBRAMOS LUÍSA VILLALTA!

Durante a semana do 17 de maio o alumnado estivo traballando na figura de Luísa Villalta, que por defensa da cultura e da lingua de Galicia a Real Academia Galega dedicoulle este ano o Día das Letras Galegas. Poeta, violinista, narradora, dramaturga, ensaísta, activista da lingua. Todas as Luísa Villalta nunha! Autora prolífica, innovadora, erudita, que nos deixou de súpeto no mellor da súa mocidade, hai 20 anos.

O alumnado realizou varios traballos sobre Luísa e fixo unha pequena exposición xunto con varios libros da autora. Ademais, para celebrar este día, deseñaron uns marcapáxinas que se repartiron a todos os membros da comunidade educativa.

Foi moi interesante descubrir como Luísa traballou por divulgar a cultura, os costumes e a lingua galega, tanto nas súas obras como no seu labor como profesora de instituto.

Aquí tedes unha pequena mostra:

 

MARCAPÁXINAS LUÍSA VILLALTA 

 

 

     



blog | by Dr. Radut