Actividades 2020/2021

Hora zulú

                   Hora zulú     Santiago Lopo                                                

 

O grupo de lectura de 1º de bacharelato A e B  leu e comentou no mes de decembro Hora zulú, novela de Santiago Lopo.

Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén sabe quen é. É ingresado nun psiquiátrico e, a través de  informes, correos electrónicos e outros textos, vaise descubrindo pouco a pouco a súa identidade e o que en realidade lle  aconteceu.

Os nenos da varíola

Os nenos da varíola               María Solar

Os membros do grupo de lectura de 3º ESO A  lemos ao longo do mes de novembro esta novela  de carácter histórico de María Solar que levou o Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano e o Premio Gala do Libro 2018 na categoría de Mellor Obra Xuvenil.

A elección deste libro por parte da coordinadora do club débese á  actualidade do tema que trata: a pandemia provocada por un virus e a aparición e espallamento da vacina.

Rafael comenta que a historia  nos amosa  A Coruña do 1803, coa pobreza da época, que obrigaba aos país a deixar os nenos no hospicio por falta de recursos e enfermidades. Destas destaca a terrible varíola, que sería como a covid deste momento que vivimos.

Makinaria

Makinaria        Carlos Negro

 

No mes de novembro o grupo de lectura de 1º Bac B leu e comentou esta obra poética de Carlos Negro.  En principio os alumnos amosáronse reticentes a facer unha lectura  coral e posta en común dun texto poético, pero ao final a experiencia foi moi positiva.

Recursos e accións da edición "EnlazaVigo contra a violencia de xénero 2020"

     Este ano celebrouse o programa municipal "EnlazaVigo contra a violencia de xénero" no que participamos 33 centros de ensino da cidade. A continuación deixámosvos enlaces a algúns dos recursos e accións realizadas:

- Vídeo colaborativo:

- Tapiz virtual: http://www.enlazavigo.org/tapiz_virtual_2020/

- Exposición colectiva: http://www.enlazavigo.org/exposicion-colectiva/

- Evento virtual: http://www.enlazavigo.org/2020/video-enlazavigo/

V Concurso de Microrrelatos Fantásticos e de Terror

     O relato gañador nesta V edición do concurso é

"Eran as 21:00..."

de Álex Álvarez Studnicka

Día Internacional das persoas con discapacidade

     Hoxe, 3 de decembro, un grupo de alumnos de 1º de ESO realizaron unha actividade para apoiar o Día Internacional das persoas con discapacidade.
     Baixo o lema #baixoomesmoparaugas traballaron o lema da campaña deste ano: "Un día para todos", quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para elo.

Recordando a Díaz Pardo

     Ao cumprírense cen anos do seu nacemento, recordamos a Isaac Díaz Pardo (1920 - 2012) e convidámosvos a visitar virtualmente a exposición “As miradas de Isaac” aberta en Santiago de Compostela.


     Tamén vos convidamos a participar no concurso que figura a continuación.

Semana contra a violencia de xénero

     O equipo de igualdade realizou unha instalación na entrada ao centro en contra da violencia de xénero. Para a súa realización colaborou todo o alumnado facendo bolboretas de papiroflexia. Os debuxos foron feitos polas aulas de Plástica de 4ºESO e Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bacharelato. Asemade, colocáronse globos negros cos nomes das 42 mulleres mortas ese ano por violencias machistas.

Álbum: Curso 2020/2021 -> 25N

Actuación de Su Garrido Pombo

     Co gallo da semana contra a violencia de xénero (23-27 de novembro), visitounos a cantante Su Garrido Pombo. Estivo toda a mañá do luns 23 connosco, primeiro charlando con alumnado de cuarto da ESO e despois nun espectacular concerto no patio cuberto.

     Su, non só é do Calvario, senón que tamén foi alumna do noso Centro. Dado que ten actuado en moitos sitios de Europa, cantando en galego, non podemos máis que sentirnos orgullosas/os de que pasara esta mañá con nós.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Actuación Su Garrido Pombo
Distribuir contido