Actividades 2020/2021

Exposición de traballos sobre Xela Arias

Na entrada do instituto estiveron expostos varios dos traballos que o alumnado de 4ºESO e Debuxo Artístico de 1ºBAC realizaron sobre Xela Arias.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Exposición Xela Arias

Concurso "Ti que libro recomendas?"

     Desde a biblioteca convocamos nesta ocasión ao alumnado a recomendar unha lectura con motivo do Día do Libro.

   Entre os máis de vinte participantes neste concurso, foron moitos os que argumentaron acertadamente  e acompañaron dun fermoso deseño a súa recomendación. 

      No sorteo efectuado coa axuda da voz inocente de Naiara Gallego resultaron gañadores:

Na ESO: Taixa da Cunha  da Silva, de 2º ESO-E, acompañada na imaxe pola súa profesora de Lingua Castelá Pilar Santos. 

En Bacharelato: Mónica Fernández Alonso, de 1º Bac adultos B, na foto con Pedro Iturburúa, o seu profesor de Lingua Castelá.

      Parabéns aos gañadores e a todos os participantes.

Olimpíada matemática 2º ESO

O pasado xovés 29 de Abril unha selección de 10 alumnos do IES Castelao presentaronse xunto con 35 alumnos máis doutros centros a Olimpíada Matemática Galega para 2ºESO organizada por Agapema.
A fase de clasificación da zona de Vigo da Olimpíada celebrouse no noso IES e consiste na resolución de 5 problemas de modo individual por cada un dos alumnos durante dúas horas. 
Os alumnos que representaban o noso IES nesta proba foron:

- -Hector Míguez Ambrosio
-  Aitana del Rocío Avendaño Jiménez
-  Marta Benavides Viñas
-  Noel Dios Costas
-  Alejandro Hasmi Simón
-  Anxo Pereiro Fernández
-  Diego Pereira Liz
-  Alejandro Rodríguez Rodríguez
-  Martín Ruíz Juncal
-  Sophia de Sousa Mendoza

Grazas por pasar unha tarde facendo problemas de matemáticas para representar o noso IES, para nós xa sodes Gañadores.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Olimpíada matemática

Homenaxe a Xela Arias no Día das Letras Galegas

 

O 17 de maio o IES Castelao acolleu un dos actos principais da celebración do Día das Letras Galegas 2021 adicado a Xela Arias, alumna do noso centro entre os anos 1976-80.

No pavillón reuníronse institucións e personalidades do mundo das letras e da política para homenaxear á Xela mestra, tradutora, editora e poeta.

Iniciouse o acto coa actuación do grupo A Banda da Loba, que interpretou un dos textos musicados do poemario Darío a diario, adicado pola autora ao seu fillo. En representación do centro interveu a nosa compañeira Mónica Soto que lembrou, con moito agarimo e emoción, a súa amizade con Xela e a relación desta co IES Castelao.

O álbum elixido (aid = 415) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

"De Carballo Calero a Xela Arias"

Unha das moitas actividades con que este ano celebramos o Día das Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias foi a actuación, o día 13 de maio, de Serafín Marcos.

Á actividade  asistiu o alumnado de 3º da ESO e levaba por título “De Carballo Calero a Xela Arias”. Serafín Marcos, dunha maneira didáctica e divertida, amosoulles a vida e obra de Xela e fixo un especial recordatorio de Carballo Calero, ao que se lle adicara o Día das Letras Galegas o ano 2020.

Álbum: Curso 2020/2021 -> De Carballo Calero a Xela Arias

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

O grupo de lectura de 3º A e B  leu  na 1ª quincena de maio  Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta  de  Ledicia Costas.

O texto, en xeral, gustou ao alumnado. Ana recomenda a súa lectura por ser moi entretido xa que conta sucesos con personaxes reais como Sanjurjo ou Jules Verne e fantásticos como o tema das mulleres planta.  Que se desenvolvese a historia en Vigo e nas Illas Cíes tamén lle dá á historia un punto de realismo. Elisa sostén que a historia, ademais, está presentada como unha intriga ou misterio que se vai desenvolvendo ao longo da novela. Tamén hai emoción e sentimentos, di África, como o que sentiu ela co reencontro de Azucena coa súa filla.

A visita do inspector

A VISITA DO INSPECTOR | J. B. PRIESTLEY | Casa del LibroA visita do inspector  

O outro grupo de lectura de 1º Bacharelato A e B leron e comentaron a peza de J. B. Priestley A visita do inspector.                     

Erros e tánatos

O grupo de lectura de 1º Bacharelato A e B leu no mes de abril  o libro de relatos de Gonzalo Navaza Erros e tánatos.

Ao alumnado xa lles chamou a atención o tan suxerente e enigmático título. Na mitoloxía grega, Eros era o deus do amor e Tánatos o da morte. Xuntos e contrapostos  conforman os dous instintos básicos do ser humano. Neste libro o autor xoga cos termos Eros e Erros, algo que lle pareceu moi orixinal a Irene, e que responde ao feito de que na maioría dos relatos hai erros que levan a tánatos.

 A Xoel, Ainhoa e Bárbara gustoulles o xiro dramático, ás veces, pero sempre sorprendente que teñen os relatos ao final. Tamén ese humor e ironía que presentan, e que desdramatizan as historias, é algo a destacar e que fai o libro moi atraente.

Dime como me falas e direiche que es

O luns 10 de maio o alumnado de 1º ESO participou  nuns talleres de Yaracan, nos que se traballou a importancia da comunicación tanto verbal como non verbal. Os cans, auténticos detectives de emocións, e grandes captadores de pequenos xestos,  ensinaron ás alumnas e alumnos a importancia da intelixencia corporal, da utilización do propio corpo para resolver problemas e comunicarse de xeito apropiado.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Yaracan

Cine fórum con Margarita Ledo

O pasado venres 30 de abril o alumnado de 1º de bacharelato tivo un encontro coa directora de cine galega Margarita Ledo. O coloquio completou o visionado da película Nación por parte dalgúns grupos de 1º de bacharelato hai un par de semanas. Os rapaces e rapazas puideron compartir as súas inquedanzas e interpretacións sobre a película coa propia directora, a quen temos que agradecer a súa proximidade e atención para con todos eles.

 

Álbum: Curso 2020/2021 -> Margarita Ledo
Distribuir contido