A biblioteca do centro quere conmemorar un curso máis o Día de Rosalía, en lembranza do seu nacemento o 24 de febreiro de 1837.
No vestíbulo do centro verás unha exposición coa súa cronobiografía. Convidámosvos a participar no concurso convocado respondendo as preguntas que se fan sobre a nosa ilustre escritora.
Podedes participar ata o 7 de marzo.
Clica aquí para acceder ao cuestionario online do concurso.
Clica aquí para acceder á información de axuda.
Clica aquí para consultar o cuestionario (PDF)
Durante os meses de xaneiro e febrero, os grupos de lectura de 3º ESO A e B leron e comentaron o libro «22 segundos» de Eva Mejuto.
Esta novela relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer.
En xeral, os alumnos consideran que o libro está escrito de forma sinxela e directa e que os atrapou dende o principio. Consegue que empaticen con este colectivo discriminado dende sempre.
Como todos os cursos, este non ía ser menos: Aquí vai unha selección dalgúns dos disfraces deste ano.
Feliz entroido a todas e todos!
Por que? Porque os días 7-8-9 de febreiro celébrase a nivel mundial o "Día de Ler a Verne" coincidindo coa súa data de nacemento (Nantes, 8 de febreiro de 1828).
Por que nós? Porque Vigo é unha cidade moi verniana xa que aquí chegou o Nautilus, o submarino do capitán Nemo o 18 de febreiro de 1868, na súa novela Vinte mil leguas baixo dos mares e porque tamén Verne viaxou, en dúas ocasións, á nosa cidade.
Así que podes ler hoxe, na Hora de Ler, o capítulo A baía de Vigo da súa novela citada.
Tamén podes ver ilustracións e traballos diversos feitos polo alumnado do instituto no curso 2017/2018, no proxecto "Viaxando con Verne", así como ler o resto da novela resumida.
Boa travesía nesta Hora de Ler!
Achegándonos ao Entroido, o alumnado de 2º de ESO do curso 2019/2020 preparou uns fermosos traballos coa súa profesora de Galego Liliana Carro nos que se recolle información e fotos sobre distintas celebracións das que se fan habitualmente por toda Galicia.
Agora non podemos vivir o Entroido pero si coñecer algunhas das súas manifestacións.
Os traballos están expostos no vestíbulo para que todos poidamos velos e quen queira opte a gañar un concurso respondendo as preguntas que se fan sobre eles.
Pódese participar ata o 22 de febreiro!!
Clica aquí para acceder ao cuestionario do concurso.
A proposta de grandes ilustradores de Galicia, establécese o Día da Ilustración en 2014 para promover esta área da cultura.
A efeméride faise coincidir co aniversario do nacemento, o 30 de xaneiro de 1886, de Castelao.
E... por certo, TI onde estudas (ou traballas)?
Por iso, NÓS debémonos ilustrar sobre este home tan polifacético: debuxante, humorista e pintor pero tamén médico, político e escritor.
Cada ano o Día da Ilustración xira arredor dun artista. Este ano homenaxéase a Lolita Díaz Baliño, a primeira muller que logrou ingresar, en 1938, na Real Academia de Belas Artes, xunto con María Corredoira. A Biblioteca Juan Compañel ofrece unha exposición de imaxes sobre ela, ata o 13 de febreiro.
Que sabes sobre Castelao? Resolve este enigma (clica nas imaxes):
Tamén podes resolver os seguintes pasatempos:
LA METAMORFOSIS
Gregorio Samsa se despierta en su habitación transformado en un ser horroroso. Debe ir a trabajar y sus padres intentan entrar en su habitación. Al descubrir que es un ser extraño, quedan completamente horrorizados. La familia Samsa viaja a un hotel y encierran a Gregorio en una habitación. Más adelante, la hermana de Gregorio le trae comida y le toca el violín. Angustiado, Gregorio empieza a manejar los nuevos rasgos de su cuerpo. Llega un momento en el que los padres de Gregorio se cansan de su hijo y empiezan a pelear. Más adelante, Gregorio sufre sintiendo el dolor que le han causado los múltiples golpes que ha recibido. Enferma y al final, muere. La familia Samsa se alegra y justo al final, la hermana de Gregorio se recoge el pelo y estira su cuerpo joven.