Cursos anteriores

O corpo feminino modificado

Os Departamentos de Debuxo e Xeografía e Historia fixeron un traballo colaborativo de investigación sobre os diferentes accesorios empregados na vestimenta para modificar o corpo feminino ao longo da historia.

Podedes premer na seguinte ligazón para ver os traballos con detalle:

O corpo feminino modificado... Doe!

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> O corpo feminino modificado

Programa Edu-referentes

Alumnas e alumnos de 3º ESO veñen de participar en sesións de mentorías de orientación vocacional individualizads. Nestas xornadas mulleres referentes en distintos ámbitos laborais e profesionais, axudaron a potenciar as habilidades e competencias persoais e laborais do alumnado e tamén informaron sobre distintas saídas profesionais así como as ferramentas necesarias que facilitan o seu proceso de orientación vocacional.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Programa Edureferentes

Charlas para nais e pais impartidas pola Asociación Érguete. "A familia como axente protector fronte ás adiccións".

Ao longo da semna do 23 ao 27 de maio as familias das alumnas e alumnos de ESO participaron nas charlas impartidas pola Asociación Érguete. Nelas incidiuse na importancia da comunicación coas fillas e fillos e en aunar esforzos desde todos os ámbitos para previr o consumo de sustancias prexudiciais para a saúde e todo tipo de adiccións.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Charlas familias Érguete

Graduación de bacharelato de adultos

O mércores 18 de maio no paraninfo Xela Arias do IES Castelao e en sesión vespertina (como non podía ser doutro xeito) realizouse, por primeira vez no noso centro, a entrega dos diplomas acreditativos da graduación en bacharelato ao alumnado da quenda de adultos. (Ler máis)

Álbum: Curso 2021/2022 -> Graduación adultos

Rafting en Arbo

O martes 24 de maio o alumnado de 1º de bacharelato participou na actividade de rafting organizada polo departamento de Educación Física a través de Arrepións en Arbo.

Aquí podedes ver unhas imaxes dos intrépidos navigantes.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Rafting

Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento

     O luns 23 de maio o departamento de Orientación, o equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca Ramiro Fonte organizaron unha actividade para celebrar no instituto o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento que se celebra o 21 de maio.  

     No segundo recreo, como mostra da diversidade presente no centro, escoitouse a música da gaita galega e un grupiño de rapaces foron lendo textos en diferentes linguas: fragmentos do Quixote -en ruso- ou d´O principiño -en romanés-, unha Cousa de Castelao en galego e mais en inglés, un poema brasileiro de Clarice Lispector, un poema francés de Verlaine traducido ao galego por Florencio Delgado Gurriarán (o homenaxeado este 17 de Maio) e unha cantiga de Martín Códax en árabe.

     Abofé que a mostra da diversidade foi grande! 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Día da diversidade

Visita ao Mosteiro de Santa María de Oia

O pasado 20 de maio o alumnado de 2º Bacharelato de Historia da Arte puido coñecer o Mosteiro de Santa María de Oia nunha visita guiada ao monumento.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Mosteiro de Oia

Un "scape room" polo Día Escolar das Matemáticas

Durante a semana pasada a profesora Andrea Piñeiro organizou un "scape room" para alumnado e profesorado como conmemoración do Día Escolar das Matemáticas. 

A actividade resultou moi amena e as cabezas botaban fume para averiguar os enigmas. Finalmente todos conseguimos escapar, algúns con un pouco máis de axuda...

Álbum: Curso 2021/2022 -> Día das matemáticas

Práctica de biotecnoloxía

        Entre os días 19 e 20 de maio de 2022, un grupo de 29 alumn@s de Bioloxía

de 2º e 1º Bach., dividido en dous con Candela e Pablo -profesores no instituto desta materia- tiveron a sorte de poder realizar  -coas preparacións previas en días anteriores-

O CURSO de BIOTECNOLOXÍA que dirixiron os científicos  

Álbum: Curso 2021/2022 -> Práctica de Biotecnoloxía

Visita de Xesús Alonso Montero en conmemoración das Letras Galegas

 
O pasado día 29 comezamos as celebracións no IES Castelao centradas no Día das Letras Galegas 2022.
Álbum: Curso 2021/2022 -> Xesús Alonso Montero
Distribuir contido