Cursos anteriores

Navega con Rumbo

     O 10 de maio visitounos Daniel Medina, enxeñeiro informático, que falou de ciberseguridade ao alumnado de 2ºESO dentro do programa Navega con Rumbo organizado pola Xunta e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Informáticos de Galicia.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Navega con Rumbo

Xornada no Verbum, novas tecnoloxías

     O 6 de maio o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e de Tecnoloxía Industrial e TIC de 1º de Bacharelao disfrutou no Verbum duns obradoiros propostos polo alumnado de Enxeñería de Telecomunicacións da Uvigo e organizado por Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Xornada no Verbum

MIÑA AVOA. PROXECTA DE IGUALDADE.

Dentro do Proxecta de Igualdade 2022 o alumnado de Inglés de 1º bacharelato D e E preparou estes traballos sobre as súas avoas.

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA PASANDO POR HOMES.

O alumnado de 1º bacharelato D e E investigaron neste curso sobre as mulleres que se tiveron que facer pasar por homes para poder acadar diferentes logros. A continuación deixámosvos cos seus interesantísimos traballos:

 

Proxecto Gender ABC

     Alumnas e alumnos de 1º de bacharelato participan ao logo dos meses de abril e maio no proxecto GENDER ABC, unha proposta educativa en igualdade e prevención de todas as violencias.

     O proxecto desenvolveuno a ONG Médicos do Mundo en colaboración co departamento de orientación.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Proxecto Gender ABC

Divulgación científica

     Alumnas e alumnos de 1º de bacharelato A e B participaron o 5 de maio na charla de divulgación científica e tecnolóxica da UVigo "Drons, imaxe aérea e imaxe satélite". A charla foi impartida polo profesor da UVigo Fernando Martín, e explicáronse os fundamentos do funcionamento dos drons, así como as tecnoloxías implicadas, a captura de imaxes cartográficas e o procesado das imaxes aéreas.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Divulgación científica 1ºBAC-AB

I Concurso Mira quen le

          O mércores día 4 entregáronse os premios deste I Concurso organizado pola biblioteca e mailo departamento de Plástica, que tivo unha alta participación.

          Segundo os votos emitidos polo xurado, constituído por profesorado do centro, estes foron os participantes que gañaron:

1º Premio: Xulia Montes Sobral (4º B)

2º Premio: Iago Álvarez Alonso (1º Bac B)

3º Premio: Lara I. Jiménez Bjarneryd (1º Bac B)

     Todos recibiron cadanseu vale de 25 € para libros e, ademais, outro agasallo de maior ou menor entidade segundo o premio obtido.

     Parabéns a todos os participantes e ánimo para seguir lendo e fotografando.

     Viva a lectura!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Mira quen le

VIDEO dos MUSICAIS no CASTELAO. ENTROIDO 2022.

Podería ser divertido xogar a intentar pescudar o título da canción ou do musical correspondente ... non?

As outras cousas do castelao

Clicando neste enlace ou na imaxe inferior podes acceder ao novo número da revista "As outras cousas do Castelao" elaborada na quenda de adultos. Tamén a podes descargar en pdf clicando aquí.

Celebración da Olimpíada Matemática no IES Castelao

O pasado xoves 21 de abril tivo lugar no instituto a fase de zona da Olimpíada Matemática Galega para alumnado de 2º ESO. O reto consistiu na resolución individual de cinco problemas en dúas horas. Participaron 84 alumnos e alumnas de Vigo e comarca e destes pasarán só 8 finalistas á fase final que se celebrarará en Lugo. 

Do IES Castelao presentáronse nove alumnos. Ánimo para a proxima fase!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Olimpíada matemática
Distribuir contido