O luns 23 de maio o departamento de Orientación, o equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca Ramiro Fonte organizaron unha actividade para celebrar no instituto o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento que se celebra o 21 de maio.
No segundo recreo, como mostra da diversidade presente no centro, escoitouse a música da gaita galega e un grupiño de rapaces foron lendo textos en diferentes linguas: fragmentos do Quixote -en ruso- ou d´O principiño -en romanés-, unha Cousa de Castelao en galego e mais en inglés, un poema brasileiro de Clarice Lispector, un poema francés de Verlaine traducido ao galego por Florencio Delgado Gurriarán (o homenaxeado este 17 de Maio) e unha cantiga de Martín Códax en árabe.
Abofé que a mostra da diversidade foi grande!