O venres 13 de maio, o alumnado de 1º de Bacharelato vai participar nunha sesión con Serafín Marcos para profundizar, dunha maneira divertida, na figura de Manuel María, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras. Seguro que nolo pasamos moi ben!
Xa se achega a festa das nosas Letras e, coma outros anos, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización do centro convocan o "Certame das Letras Galegas 2016". Poden participar todos os alumnos do centro en calquera das tres modalidades convocadas: poesía, narrativa e cómic. Ánimo e sorte!
Preme aquí para ver as bases completas.
O 25 de febreiro no salón de actos do centro, as poetas María Lado e Lucía Aldao presentaron aos alumnos de 2º ESO A e B e a 4º ESO A un recital de poesía nun formato completamente diferente ao habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma.
Un ano máis, celebramos no centro o 24 de febreiro, día en que nace Rosalía de Castro en 1837, realizando diversas actividades co noso alumnado. Este ano, ademais do recitado de poemas nas aulas, os alumnos de 1º e 2º da Eso elaboraron colaxes e caligramas cos versos de “Adiós, ríos, adiós, fontes”, que expuxemos no vestíbulo.
Coma outros anos, a principios de febreiro volveu visitar o noso centro o personaxe do entroido vigués por antonomasia: o merdeiro. Este curso foron os alumnos de 1º ESO C os que asistiron á charla que Hadrián e Adriana, do EDNL do Concello de Vigo, impartiron sobre a orixe, vestimenta e as actividades propias deste personaxe.
O venres 27 de novembro os alumnos de 1º de bacharelato D participaron na actividade promovida polo EDL do Concello de Vigo Obradoiro literario. Proxecto Vigo Literario. Tivo lugar no noso centro e foi guiada por Paulo Jablonski.
O pasado 28 de maio os alumnos de 3º ESO A, B, C e 3º e 4º de PDC, acompañados por Elena, Carme e Gloria, profesoras do centro, visitaron a Casa da Matanza, a Casa- Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.
Alí, ademais de coñecer algúns aspectos da súa vida e obra, percorremos as estancias da casa e xardíns onde a autora pasou os últimos anos da súa vida.
Velaquí o vídeo da nosa pequena homenaxe a Filgueira Valverde no Día das Letras Galegas. Parabéns a todos os participantes pola súa actuación.
Dende o primeiro momento a excursión ao Museo de Pontevedra estivo chea de arte: unha escultura no xardín, cadros por todas e cada unha das paredes, esculturas de inmenso valor, recuperación de pezas antiquísimas...
Co principal motivo de coñecer a figura de Filgueira Valverde, por ser o homenaxeado no Día das Letras deste ano, tivemos tamén a oportunidade de entrar en contacto con obras de autores tan coñecidos como Castelao. Arte sempre relacionada con Galicia.
O que máis nos chamou a atención?