O pasado 16 de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato B e D visitaron no Museo do Mar de Vigo a exposición titulada “Pergamino Vindel. Un tesouro en sete cantigas”.
O alumnado, na primeira parte da visita, coñeceu aspectos sobre a sociedade da época medieval e como se elaboraban os pergamiños (materiais nos que se escribía, tintas, útiles de escritura, quen os escribía…). Na segunda parte, aprendemos aspectos da cultura da época como a arte románica, instrumentos musicais e finalmente o pergamiño de Martín Códax coas sete cantigas de amigo e a súa música.
Podes ver na nosa canle de Youtube o vídeo que recolle algún dos momentos da celebración do Día das Letras Galegas 2017.
A semana pasada fixémoslle a entrega dos premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas 2017. Os premios foron aportados pola ANPA do IES Castelao.
MODALIDADE DE POESÍA
1º Premio: David Fernández Ferreiro, de 2º Bac D, por "Recordos na noite"
2º Premio: Hernán M. Comesaña, de 1º Bac C, por “Faíscas da lira”.
Debido á calidade dos traballos presentados, o Xurado decidiu conceder nesta modalidade, ademais do 1º e 2º premio, un accésit a María Álvarez, de 1º ESO A, por “Xa non quero lembrar”.
MODALIDADE DE NARRATIVA
1º Premio: Paula Estévez Casales, de 2º Bac A, por "Venus".
2º Premio: Tais González, de 3º ESO A, por "Na primeira viaxe".
PARABÉNS!
Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado adicoulle unha pequena homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano na festa das nosas Letras, con lecturas e música.
Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Carlos Casares. O autor escollido pola RAG para a celebración da festa das nosas letras naceu no ano 1941 en Ourense e faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Foi un extraordinario narrador e destacou igualmente como tradutor e xornalista.
Durante o mes de maio, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración con outros departamentos do centro, organiza unha serie de actividades dirixidas a todos os alumnos.
Clica na imaxe para ver a programación.
O pasado 4 de abril, os alumnos de 3º PMAR e 3º ESO B e C visitamos o Museo de Pontevedra. Na segunda planta do Edificio Sexto puidemos ver a pintura de Ovidio Murguía de Castro, fillo da escritora Rosalía de Castro, e as dúas salas dedicadas á pintura e aos debuxos de Castelao, así como as máscaras deseñadas polo autor para a representación de Os vellos non deben de namorarse ou obxectos persoais, como as súas lentes.
O venres día 31 marzo ás 9:40h un grupo de alumnos de 3º ESO fomos á biblioteca Xosé Neira Vilas para coñecer a Iria Misa e falar con ela, pois é autora do libro "Xa non estou aquí" que acabamos de ler.
Antes de comezar, o seu marido, que tamén estaba alí, repartiu uns carteis con caras de persoas desaparecidas en Galiza e preguntounos que criamos que lles pasara. No caso das mulleres, o que nos pasaba pola cabeza eran violacións ou maltrato machista; no dos homes, suicidios ou simples desaparicións.
O pasado 2 de marzo, o alumnado de 1º de bacharelato asistiu no salón de actos do centro á conferencia impartida por D. Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, sobre o Banquete de Conxo.