O venres 27 de novembro os alumnos de 1º de bacharelato D participaron na actividade promovida polo EDL do Concello de Vigo Obradoiro literario. Proxecto Vigo Literario. Tivo lugar no noso centro e foi guiada por Paulo Jablonski.
Se queres ver algunha imaxe da actividade pica na foto.
Os nosos alumnos puideron coñecer a importancia de Vigo no aspecto económico e cultural a partir do século XIX e tamén a súa presenza na literatura galega e universal. Paulo Jablonski falounos dalgunhas obras nas que se cita ou se desenvolve parte da acción na nosa cidade, de autores tan coñecidos como Jules Verne, Ernest Hemingway, Manuel Antonio, María José Queizán ou Domingo Villar.
Posteriormente, o alumnado localizou na cartografía dixital de Vigo na IKimap algúns lugares en que se desenvolven diferentes situacións da novela Ollos de auga de Domingo Villar.