Visita á Casa-Museo de Rosalía

O pasado 28 de maio os alumnos  de 3º ESO A, B, C e 3º e 4º de PDC, acompañados por Elena, Carme e Gloria, profesoras do centro, visitaron a Casa  da Matanza, a Casa- Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

 Alí, ademais de coñecer  algúns aspectos da súa vida e obra, percorremos as estancias da casa e xardíns onde a autora pasou os últimos anos da súa vida.

 

A continuación dirixímonos a Santiago e  subimos ás cubertas da Catedral, onde se nos explicaron cuestións de carácter histórico e arquitectónico do templo e da cidade de Santiago.