O 15 de maio realizamos no IES Castelao unha pequena homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, a festa das nosas Letras.
Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro ante alumnos de distintos cursos, xa que da festa das letras se trataba, quixemos conxugar lectura e música.
O pasado 11 de maio os grupos de 1º bacharelato B e E, acompañados polas profesoras Ana, Lucía e Gloria, viaxaron ata Celanova para coñecer a vida e obra dos ilustres escritores nados nesta vila: M. Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro. Se queres ver algunhas fotos da viaxe, pica na imaxe.
Pica na imaxe para ver algunhas fotos dos traballos expostos no vestíbulo que os alumnos e alumnas de 1º ESO B realizaron ilustrando textos de Filgueira Valverde.
O pasado 19 de marzo, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, veu ao noso centro para dar unha conferencia sobre Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Alonso Montero expuxo ante o alumnado de 2º de bacharelato a súa visión persoal sobre o eminente polígrafo homenaxeado nesta ocasión. Falounos da súa vida e obra literaria e investigadora, da época que lles tocou vivir aos dous e das experiencias compartidas na defensa da nosa cultura e lingua.
Se queres ver máis imaxes do acto, pica na foto.
Homenaxe a Rosalía no aniversario do seu nacemento. Participan os alumnos de 3º PDC.
Os alumnos de 2º ESO A e C faláronnos na clase de Lingua Galega das súas mascotas e animais favoritos. Se queres velos, pica na imaxe. Verás que curriños son.
O 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro. Para conmemorar o nacemento da nosa poetisa máis querida e admirada, instituíuse esta data como o Día de Rosalía.
O 25 de febreiro os alumnos de 1º da ESO reuníronse no salon de actos con Francisco Castro, autor de Chamádeme Simbad, un dos libros de lectura deste curso. O autor contoulles como se foi xestando o libro, a súa preocupación polo mal do Alzheimer e outros aspectos desta emotiva historia protagonizada por Paulo, Simbad o mariñeiro, e o seu avó, que pouco a pouco vai perdendo a memoria.
Ao final da charla, os alumnos preguntaron ao autor algunhas curiosidades sobre a novela e Castro asinou exemplares da súa obra para que os rapaces gardasen un recordo desta experiencia.
Pica na imaxe para ver máis fotos
Pica na imaxe para ver as fotos.
O pasado 10 de febreiro, os alumnos de 2º ESO C coñeceron, grazas a un obradoiro que se realizou no centro, o Merdeiro, un dos personaxes máis característicos do noso entroido. Ó final do obradoiro, algúns alumnos disfrazáronse de merdeiros.