O 15 de maio realizamos no IES Castelao unha pequena homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, a festa das nosas Letras.
Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro ante alumnos de distintos cursos, xa que da festa das letras se trataba, quixemos conxugar lectura e música. No acto, alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO leron relatos, artigos e fragmentos das obras máis representativas do autor homenaxeado, intercalando estas lecturas con distintas pezas musicais (xota, muiñeiras…) interpretadas por alumnos de 1º e 2º de Bach e de 2º da ESO, baixo a dirección de Ana Rubio, profesora de Música do centro.
Dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura felicitamos os alumnos que participaron nesta homenaxe pola súa entrega e magnífica actuación.
Podes acceder ao Programa da actividade no documento adxunto e ás fotos, picando na imaxe
Adxunto | Tamaño |
---|---|
programaletras.pdf | 458.86 KB |