O pasado 11 de maio os grupos de 1º bacharelato B e E, acompañados polas profesoras Ana, Lucía e Gloria, viaxaron ata Celanova para coñecer a vida e obra dos ilustres escritores nados nesta vila: M. Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro. Se queres ver algunhas fotos da viaxe, pica na imaxe. .Alí visitamos a casa de Curros, hoxe convertida na Casa dos Poetas, o mosteiro de San Salvador e algúns lugares que inspiraron tanto a Curros como a Celso E. Ferreiro. Tamén nos achegamos a Vilanova dos Infantes, terra dos pais de Méndez Ferrín, e finalizamos a visita no xacemento arqueolóxico de Castromao.