Como parte das actividades realizadas no centro para festexar o Día do Libro, o 22 de abril recibimos no noso instituto o escritor Santiago Jaureguízar, que veu para falarnos dunha das súas novelas, A cova das vacas mortas, lida polo alumnado de 3º ESO no 2º trimestre.
O autor, que ademais é xornalista, foinos contando como se xestou a novela a partir da busca de información para unha reportaxe do xornal no que traballa.
Ao final da charla os alumnos animáronse a preguntarlle dúbidas ou curiosidades sobre a historia da novela.
Como sabedes, Jaureguízar ten publicado numerosas obras, algunhas das cales tendes na biblioteca á vosa disposición.
Se queredes ver fotos do acto, picade na imaxe.