Skip to Content

O DÚO ITALIANO PIZZICAN OFRECEU UN CONCERTO PARA ALUMNADO DA ESO

 A Casa da Cultura acolleu na mañá de hoxe un concerto didáctico de Pizzican Duo, de Italia, para alumnado de 2º da ESO de Carral. O concerto forma parte do programa do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia no que desde hai tres anos Carral é unha das súas sedes. O festival está organizado por Pórtico das Artes e o Concello de Carral, a través da Concellería de Cultura, é unha das entidades colaboradoras.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019

Nos documentos que se achegan poden consultar as listaxes de alumnado admitido e excluído no fondo solidario de libros de texto para o curso 2018/2019. Os pais/nais/titores do alumnado (ou persoa debidamente autorizada) poderán recoller os libros no centro a partir do día 18 de setembro, de 9:00 a 14:00 horas.

INICIO DO CURSO 2018/2019

O luns 17 de setembro comezará o curso 2018/2019 cunha presentación ás 11:30 h. Os buses escolares pasarán pola primeira parada das rutas ás 11:00 h. 

A presentación rematará ás 12:30, hora á que sairán os autobuses do centro. O martes, 18 de setembro, comezarán as clases con total normalidade no horario habitual.

ALUMNADO QUE SUPEROU O DELF ESTE CURSO 2017/2018

As nosas alumnas de 4º de ESO superaron con éxito as probas oficiais do DELF en francés coa conseguinte certificación oficial:

 

ANTÍA RAMA VECINO (Nivel B1)

RAQUEL FERREIRA  SILVA (Nivel B1)

RITA PARDO LÓPEZ (Nivel A2)

 

NORABOA!

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA ESCOLAR PARA O CURSO 2018/2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG de 17 de xullo, a resolución pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da concesión de servizos de 255 cafeterías escolares durante o curso 2018/2019. A cafetería deste centro está incluída no procedemento referido, do que achegamos anuncio do DOG.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019. LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO.

No arquivo que se achega poden consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído do fondo solidario de libros de texto para o curso 2018/2019.

As persoas interesadas poderán reclamar nos 2 días seguintes á publicación da listaxe provisional (o prazo remata o 13 de xullo).

As familias que teñan dereito, como mínimo, a 6 libros e non estean pendentes de "matrícula e/ou devolución de libros" poderán recoller o cheque para a adquisición de material escolar a partires

do día 12 de xullo.

 

 

 

ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DE AGRADECEMENTO AOS TITORES E COLABORADORES DO PROGRAMA TEI

Onte, 20 de xuño de 2018, tivo lugar a entrega de diplomas de recoñecemento ao alumnado participante no programa TEI. O acto tivo lugar na área recreativa de As Travesas ás 13:00 horas logo de realizar un tramo do camiño de Santiago (Cruz de Beira-As Travesas) acompañados por protección civil do concello de Carral e pola concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Doña Florinda Duarte Gerpe. O Excmo. Sr. José Luís Fernández Mouriño e a asesora do CFR da Coruña, Dona Marta Dopico Vázquez fixeron entrega dos diplomas ao noso alumnado.

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN 2º ESO

El Decreto 86/2015, de 25 de junio, por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia, tanto en el artículo 13.3 y 13.4 cómo nos artículos 30.5 y 30.6 y 31.5 y 31.6, establece la posibilidad de que la consellería con competencias en materia de educación pueda ofrecer materias de libre configuración autonómica elegibles por los centros docentes en el horario establecido de libre configuración.

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN 1º ESO

El Decreto 86/2015, de 25 de junio, por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia, tanto en el artículo 13.3 y 13.4 cómo nos artículos 30.5 y 30.6 y 31.5 y 31.6, establece la posibilidad de que la consellería con competencias en materia de educación pueda ofrecer materias de libre configuración autonómica elegibles por los centros docentes en el horario establecido de libre configuración.

Distribuir contido


by Dr. Radut