Skip to Content

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO 2016/2017

ORDE do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17.

Prazo: ata o 7 de xullo

MATRÍCULA 2017/2018

Achégase a documentación relativa ao procedemento de matrícula para o curso 2017/2018.

FOLGA DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA


Os días 20 e 21 de xuño está convocada unha folga xeral de carácter indefinido no sector de transporte de viaxeiros por estrada (martes e mércores de cada semana). O transporte escolar terá a consideración de servizo mínimo de obrigado cumprimento nos seguintes termos:

Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio.

 

CONCESIÓN CAFETERÍA CURSO 2017/2018

Seguindo a INSTRUCIÓN 7/2017, PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS DOCENTES NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, sácase a concurso o servizo de cafetería no IES de Carral coas seguintes INSTRUCIÓNS:

  1. As persoas interesadas en xestionar o servizo de cafetería no IES de Carral recollerán, na conserxería do centro, o documento titulado "CONDICIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA EN CENTROS PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA. CURSO 2017-2018". Este documento recolle as condicións e requisitos nos que se deberá desenvolver o servizo de cafetería do centro.
  2. Os candidatos a xestionar este servizo farán proposta por escrito axustada ao establecido no artigo 6 do documento mencionado. Esta proposta entregarase, no prazo establecido, na Secretaría do centro.

DATAS:

INICIO DA PUBLICACIÓN DO CONCURSO NO CENTRO: venres 16 de xuño

PRESENTACIÓN DE PRICAS: dende o luns 19 de xuño ata o venres 30 de xuño

PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN: mércores 5 de xullo

POSTA EN MARCHA DO SERVIZO: o día 1 de setembro

 

No documento adxunto, publicado o día 6 de xullo, poden comprobar a valoración das diferentes ofertas presentadas. O centro porase en contacto coa oferta mellor valorada para proceder á adxudicación do servizo de cafetería.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017/2018

No documento que se xunta poden consultar as listaxes definitivas de alumnado admitido neste centro para o curso 2017/2018. O prazo de matrícula comezará o 26 de xuño.

TÍTULOS DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA DO CURSO 2014/2015

Informamos de que xa están no centro os títulos de E.S.O. do alumnado que rematou no curso 2014/2015.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2017/2018

O alumnado procedente de centros non adscritos ao IES de Carral poderá solicitar praza neste centro para o curso 2017/2018 entre os días 1 e 20 de marzo. Nos documentos que se xuntan poden consultar toda a información referente ao procedemento de admisión para o vindeiro curso. As solicitudes deben ser entregadas na Administración do centro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

ALUMNADO CON RESERVA DE PRAZA EN 1º ESO PARA O CURSO 2017/2018

No arquivo que se xunta poden consultar a listaxe de alumnado que ten praza reservada para cursar 1º de ESO neste centro durante o curso 2017/2018. Lembren que o prazo de matrícula será entre o 25 de xuño e o 10 de xullo de 2017.

RESERVA DE PRAZA NO IES DAVID BUJÁN PARA O CURSO 2017/2018

 Como centro adscrito ao IES David Buján (Cambre), comunicámoslle que poden solicitar a reserva de praza nese centro para cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2017/2018.

I CARREIRA BENÉFICA DO IES DE CARRAL


GRAZAS A TODOS

(Organizada polo Instituto de Educación Secundaria de Carral e o Concello de Carral)

Distribuir contido


by Dr. Radut