Skip to Content

SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DE ITINERARIO NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR.

Segundo instrucións da Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na Coruña, todas aquelas familias interesadas en pedir unha modificación nos itinerarios do servizo de transporte escolar deste centro para o vindeiro curso poderán presentar a correspondente solicitude ata o día 5 de xullo de 2019.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020.

Nos arquivos que se achegan poden consultar a información relativa á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir material escolar para o curso 2019/2020. Lembren que o prazo para presentar solicitudes remata o día 21 de xuño de 2019 (este incluido).

EDUCAR EN IGUALDADE: XV XORNADAS DE NAIS E PAIS.

 

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

 

ADMISIÓN CURSO 2019/2020 : LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS (ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS NON ADSCRITOS)

No arquivo que se achega poden consultar a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2019/2020. Teñan en conta que esta listaxe corresponde ás solicitudes presentadas por alumnado no procedemento de admisión aberto durante o mes de marzo.

O ALUMNADO DO IES DE CARRAL PARTICIPARÁN NA FESTA DO FESTIPÁN OS DÍAS 11 E 12 DE MAIO

O alumnado do IES de Carral,coordinado por varios departamentos didácticos traballando na liña educativa, traballo por proxectos (Lingua Galega, Música, Inglés, Educación Plástica e Visual e Tecnoloxía) participarán nas actividades que van ter lugar esta fin de semana na vila de Carral (11 e 12 de maio).

 

NOVA FUNCIONALIDADE NA APLICACIÓN ABALARMÓBIL: A MENSAXERÍA.

 Informámoslle que xa está dispoñible unha nova funcionalidade na aplicación abalarMóbil: a mensaxería.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA NO ANO 2019.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca, no DOG do 24 de abril, as axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concurrencia competitiva.

Poden atopar toda a información no arquivo que se achega e na páxina web da Consellería: www.edu.xunta.gal

PROBAS DE PENDENTES (MAIO 2019)

No arquivo adxunto xa podedes consultar as datas e horas das probas de pendentes programadas para o mes de maio.

“Temos química coa nosa lingua”, o IES de Carral le o seu manifesto gañador do Correlingua en Lugo.

 

Os alumnos do IES de Carral len o manifesto gañador do Correlingua en Lugo.

 

O ALUMNADO DO IES DE CARRAL BAIXO O ALCUME “OS TOXOS” GAÑA O CONCURSO DE MANIFESTO DO CORRELINGUA 2019

 

“TEMOS QUÍMICA COA NOSA LINGUA” é o título do manifesto co que as mozas e mozos de 3º e 4º da ESO do IES de Carral gañaron o concurso de manifesto do Correlingua 2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut