Skip to Content

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN 1º ESO

El Decreto 86/2015, de 25 de junio, por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia, tanto en el artículo 13.3 y 13.4 cómo nos artículos 30.5 y 30.6 y 31.5 y 31.6, establece la posibilidad de que la consellería con competencias en materia de educación pueda ofrecer materias de libre configuración autonómica elegibles por los centros docentes en el horario establecido de libre configuración.

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018/2019

ENTREGA DE BOLETÍNS:

Os boletíns de notas entregaranse o día 26 de xuño ás 10:00 horas. O servizo de transporte escolar pasará pola primeira parada da ruta ás 9:30 horas e sairá do centro ás 11:00 horas.

As reclamacións poderán realizarse os días 26 e 27 de xuño entre as 10:00 e as 12:00 horas.

 

MATRÍCULA 2018/2019. CONVOCATORIA DE XUÑO.

 

Os prazos e horarios para presentar a matrícula da convocatoria de xuño para o curso 2018/2019 son os seguintes:

 

1º ESO 27 E 28 DE XUÑO (9:30 A 13:00 H.)
2º ESO 29 DE XUÑO E 2 DE XULLO (9:30 A 13:00 H.)
3º ESO 3 E 4 DE XULLO (9:30 A 13:00 H.)
4º ESO 5 E 6 DE XULLO (9:30 A 13:00 H.)

 

O alumnado que teña ata 3 asignaturas pendentes en setembro pode presentar a matrícula nestas datas.

Na documentación que se achega poden atopar os impresos de matrícula de cada curso.

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/2018

 

Estimadas familias:

Lembrámoslles que o alumnado deberá devolver os libros recibidos a través do Fondo Solidario na Administración do centro nas seguintes datas:

 

LIBROS DE ASIGNATURAS APROBADAS EN XUÑO
1º E 2º ESO

21 de xuño

3º E 4º ESO

20 de xuño

LIBROS DE ASIGNATURAS APROBADAS EN SETEMBRO
TODOS OS CURSOS

ATA O 5 DE SETEMBRO

 

En caso de dúbida nalgunha asignatura o libro correspondente pódese devolver en setembro.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO

Lembramos que nas instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/2018, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, a Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa establece:

Artigo 12: Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria teña avaliación positiva en todas as materias e teña acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes obterá o título de graduado en ESO.

2. Así mesmo, obterá o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas e que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.

A Comisión Pedagóxica do IES de Carral e informado o claustro aprobou avaliar as competencias básicas que estable o decreto 86/2015, do seguinte xeito:

Comunicación lingüística (CCL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía(CMCCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (CAA)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
 
Cada materia ten asignada unha porcentaxe calculada en relación coa carga lectiva correspondente para cada competencia. A calificación de cada competencia do/da alumno/a é o resultado da suma ponderada  da nota de cada unha das materias que cursa nese ano escolar. (Ver arquivo) Sendo as calificacións de: insuficiente (IN), para as calificacións negativas, e suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) ou sobresaínte (SB) para as calificacións positivas.
 

 

VISITA ALUMNADO CEIP CARRAL

O alumnado de 6º de primaria do CEIP de Carral estiveron onte no noso centro onde o alumnado de 1º ESO organizou unha mostra das actividades prácticas que realizaron na materia de Bioloxía e Xeoloxía no presente curso.

Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/2018

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.

Ver toda a información aquí.

Revista nº 2

Publicamos a revista Carralingua número 2, editada polo EDLG e a Biblioteca. Neste número podedes ver as actividades realizadas entre febreiro e parte de marzo, unha reportaxe sobre a exposición de humor gráfico, aprenderdes que é o Marumasat, ver os gañadores do concurso de avións....

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018/2019

No arquivo que se achega poden consultar a listaxe definitiva de alumnado admitido neste centro para o curso 2018/2019. Lembren que o prazo de matrícula para o vindeiro curso comeza o 25 de xuño.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO

09/03/2018 14:11

 

 

 

 

Porque as mulleres estamos no mundo, velaí o traballo feito polo noso alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut