Skip to Content

USO DO TELÉFONO MÓBIL E OUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NO CENTRO.

 Segundo o aprobado no Consello Escolar do 28 de xaneiro e o que establece o artigo 11.3 da lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, queda prohibido o uso do teléfono móbil e outros dispositivos electrónicos en todo o recinto escolar.

 

O uso do teléfono móbil e doutros dispositivos electrónicos en actividades distintas ás académicas terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia e serán de aplicación as seguintes medidas correctoras:

 

  1. Amoestación por escrito (parte de incidencias).

  2. Depósito do teléfono móbil. Farase do seguinte xeito:

 

 

ONDE?

Na Administración do centro.

QUEN?

O alumnado e o/a profesor/a que asina o parte.

COMO?

Apagado polo propio/a alumno/a sen retirar a tarxeta interna.

DEPÓSITO:

En sobre pechado no que o alumnado fará constar o seu nome e apelidos completos, data e hora do depósito e sinatura. No caso de que o alumnado se negue a entregar o móbil, o profesorado considerará este feito como acto de indisciplina (conduta contraria ás normas de convivencia).

Aínda que o sobre quedará no centro, este non terá ningunha responsabilidade sobre a custodia do mesmo.

RECUPERACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL:

O propio/a alumno/a, ao remate da xornada lectiva (14:10 e os luns ata as 18:00 h. ) ou da actividade complementaria ou extraescolar.

 A dirección do centro lémbralle ás familias que tanto os responsables como o alumnado se poden poñer en contacto a través do teléfono do centro (881960480) dentro da xornada lectiva. No caso de que se detecte calquera comunicación do alumnado coas familias a través dun teléfono móbil aplicarase o procedemento descrito.

 

 

ACTIVIDADE DE COHESIÓN ENTRE TITORES E TITORIZADOS

00/00/

O pasado 17 de decembro se realizou a primeira actividade de cohesión dentro do Programa TEI (Titoría entre iguais). Un dos obxectivos fundamentais do Programa TEI é o de favorecer a prevención do acoso escolar e o establecemento da tolerancia cero fronte a violencia escolar. Por esta razón, o IES de Carral xunto co Concello de Carral da man da OMIX, organizaron a actividade, que se desenvolveu na Casa da Cultural e no pavillón do Espiño, na que os rapaces e rapazas de 1o e 3o ESO visionaron un corto e realizaron xogos relacionados co bullying.

Pilabot. Recicla con enerxía!

00/00/

 

 Pilabot é un concunso en centros educativos de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

O noso centro está a participar neste concurso. Temos un período de CINCO SEMANAS LECTIVAS para acumular a maior cantidade posible de residuos de pilas. Asi que, animádevos e participade!

Feliz Nadal e Feliz Ano 2019

A dirección do IES de Carral desexa felicitarvos unhas boas festas de Nadal e un merecido descanso para todos os docentes, persoal non docente e persoal que conforma toda a comunidade educativa. Agradecervos a cada un de vós o entusiasmo que lle poñedes ao voso traballo e en especial a "aqueles" e "aquelas" que coas súas novas iniciativas danlle unha nota festiva e educativa cada ano escolar e fan que algúns días sexan especiais para aqueles para quen traballamos, o noso alumnado.

CANDIDATURAS ELIXIDAS NAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

A Xunta Electoral reuniuse hoxe, 28 de novembro, ás 10:30 e proclamou elixidas ás seguintes candidaturas ao Consello Escolar (segundo os resultados das votacións para a segunda renovación parcial do Consello Escolar deste centro celebradas os días 26 e 27 de novembro):

 

SECTOR PROFESORADO:

- Mª Belén Amenedo González.

- Anxo Gómez Sánchez.

Acto de entrega de Diplomas de Nomeamento de titores/as TEI.

00/00/

O pasado 12 de novembro tivo lugar o acto de nomeamento dos titores e titoras no marco do programa para previr o acoso escolar, Titoría Entre Iguais (TEI). Nunha emotiva cerimonia, o alumnado titor do programa recibiu o seu diploma acreditativo para, a continuación, coñecer a quen titorizarán este curso académico.

Editorial Burlington impartiu no IES charlas culturais en inglés

00/00/

Dentro das actividades complementarias programadas polo ​Departamento de Inglés para este curso coa finalidade de mellorar a competencia socio-cultural do noso alumnado, o luns 5 de novembro impartíronse dúas charlas culturais organizadas pola Editorial Burlington sobre historia, tradicións e costumes dos estados que conforman os Estados Unidos. Ditas charlas foron impartidas en colaboración coa ​Biblioteca​​ do centro para o alumnado de 3o e 4o de ESO.

CURSO "ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS"

Desde a Consellería de Educación, a través da Rede de Formación, están a desenvolverse actividades dirixidas ás familias do alumnado con diversas temáticas e formatos. Entre elas vai levarse a cabo o curso "Atención a urxencias sanitarias para familias" con dous obxectivos básicos:

- Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo  da Consellería.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2018/2019: RESULTADO DO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL.

No arquivo que se achega poden consultar o resultado do sorteo público celebrado o 18 de outubro para elixir os membros da Xunta electoral que supervisará as eleccións ao Consello escolar deste centro.

ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR 2018/2019

Informamos que segundo o artigo 3 da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración das eleccións de membros  do consello escolar de sostidos con fondos públicos, entre os días 5 e 8 de novembro, ambos os dous incluídos, constituirase a Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril.

Distribuir contido


by Dr. Radut