Skip to Content

Acto de entrega de Diplomas de Nomeamento de titores/as TEI.

00/00/

O pasado 12 de novembro tivo lugar o acto de nomeamento dos titores e titoras no marco do programa para previr o acoso escolar, Titoría Entre Iguais (TEI). Nunha emotiva cerimonia, o alumnado titor do programa recibiu o seu diploma acreditativo para, a continuación, coñecer a quen titorizarán este curso académico.

O acto de presentación de alumnado titor e titorizado, desenvolveuse no pavillón e no patio do IES de Carral. Ao terminar a cerimonia de nomeamento, xuntos, titores/as e titorizados/as, cumprimentaron un cuestionario que lles permitiu coñecerse un pouco mellor e charlaron sobre os seus gustos, afeccións... Foi unha primeira toma de contacto.

Desde o IES de Carral queremos agradecer aos nosos/ as alumnos/ as de 3o de ESO a súa xenerosidade ao aceptar formar parte do Programa TEI como titores emocionais dos seus compañeiros de 1o de ESO.



event | by Dr. Radut