Skip to Content

Club de lectura

MAIO DAS LETRAS

Un mes de maio repleto de actividade no noso Club. Desde o Obradoiro de Dores Tembrás para preparar o Concurso de Poesía Xuvenil do IES de Carral; o teatro e as exposicións do Festipán, en que interviña boa parte do alumnado do Club; a Semana das Letras dedicada a Luísa Villalta, o roteiro pondaliano con lecturas de poemas do autor... E poñendo punto e final a tanta actividade, o Quiosco literario creado polo alumnado de 2º da ESO na materia de Lingua, que serviu de ligazón a todas as actividades.

 

Roteiro conmemorando os Mártires de Carral

Un ano máis o alumnado do Club de Lingua e Lectura de 3º da ESO deu lectura en diferentes partes do percorrido aos poemas que conmemoran o 26 de abril de 1846. Finalmente, interpretaron o himno galego no monumento.

Día da Muller tamén en Carral

O venres 8 de marzo parte do noso alumnado do Club de Lingua e Lectura de 3º da ESO, tomou a voz no pleno do Concello de Carral para dar voz á reivindicación das mulleres. Decidímonos por traballar o humor gráfico e os dereitos das mulleres.

 

Rosalía sempre viva

Este ano o alumnado de 4º da ESO conmemorou coa profesora Belén Mourelle, o Día de Rosalía, creando un xardín rosaliano. Os poemas e as flores que aparecen na súa obra foron os protagonistas. No recreo, alumnado do Club de Lectura, realizou un recital na biblioteca do centro.

Lecturas contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de novembro, as alumnas do Club de Lingua e Lectura de 2º da ESO, foron ao Concello ler textos contra a violencia de xénero. Despois, podémolas ver diante do banco que o Concello instalou diante do noso centro en contra deste tipo de violencia.

 

 

OBRADOIRO DE SILVIA PENIDE + CONCERTO DE LETICIA REY DÚO

Achegándose o 25 N, o alumnado do Club Carralingua, realizou un obradoiro de creación de letras de cancións coa cantante Silvia Penide os luns 6 e 13 de novembro. Algunhas desas cancións estráronse no concerto que deu Silvia previo ao que Leticia Rey Dúo interpretou no noso pavillón. Todo grazas á colaboración do Concello de Carral.

 

Un Escape no Samaín para pasalo de Medo

SAMAÍN 2023 - ESCAPE ROOM

 

O alumnado de 2º da ESO do Club de Lingua participou na organización do Escape Room, preparado pola profesora de Lingua, Belén Mourelle, de 2º da ESO. No Escape partiuse dunha lenda da Santa Compaña na parroquia de Tabeaio. E a partir de aí, prepararon as probas para poderen escapar da biblioteca.

 

 

 

Cifras e letras

Este ano planificamos a lectura de 4 libros no noso Club, 3 teñen relación coas Matemáticas, pois nestas non só hai cifras, tamén hai letras.

Pedro Mañas: Un lobo dentro

Rocío Leira: Tres catorce dezaseis

Rocío Leira: Cicuta para dous

Mark Haddon: O curioso incidente do can á media noite

 

 

 

 

Calendario dos Clubs de Lectura Pasando Páxina e dos Clubs de Lingua e Lectura Carralingua na web do centro

Xa podes ver o Calendario dos Clubs na web do centro, premendo na seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut